¿Que é ADICAM?

ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 1875 socios e socias no ano 2022. ADICAM está formado por unha amálgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa. Centrándonos de novo no labor da asociación e remontándonos os inicios, ADICAM nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que as mulleres teñan unha mellor calidade de vida e benestar.

Na actualidade para poder levar a cabo todas as nosas actividades e o traballo da asociación contamos cun amplío equipo de profesionais (ver organigrama).

Por tanto, podemos dicir de ADICAM que é unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios ós realizados polas institucións públicas.

Entre os servizos que se ofrecen pola asociación atopamos: apoio emocional, atención psicolóxica e social, información e asesoramento, charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición…), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama, cursos de relaxación e prevención do linfedema e a organización de actividades lúdicas e de lecer.

Fina Acuña

Fina nace en Cangas o 26 de setembro de 1968; a nivel laboral traballou no eido da hostalería, para posteriormente comezar có seu propio comercio. 

No ano 2000 e xa diagnosticada de cancro de mama, róndalle na cabeza a idea de comezar cun proxecto asociativo froito da súa propia experiencia vital,  para dar resposta as necesidades presentadas polas mulleres afectadas de este tipo de patoloxía;  é así como xorden diferentes reunión na casa da Cultura para  dar a coñecer as súas ideas e incentivar, tanto a profesionais do área sanitaria como a poboación en xeral, o seu ilusionante proxecto. 

É así como o 21 de xaneiro do 2001 comeza a súa andadura o seu proxecto chamado ADICAM

Segundo ela mesma dicía: se me ocorreu crear unha asociación para dar luz a todo o negro, para dar truquiños para mellorar a calidade de vida, para axudar e quitar o tabú que había naquel momento”. 

A nivel persoal, Fina tivo dous fillos: Adrian e Manuel; ela falaba de ADICAM coma un fillo máis, ela foi o referente e estivo a fronte da asociación e da presidencia o longo de 15 anos. 

En palabras das que a coñecían, a definían como unha muller, afable, afectuosa, humilde e optimista, sempre loitadora e cun sorriso incansable; ela foi capaz de movilizar a diferentes persoas da comunidade para crear ADICAM, o seu traballo xa forma parte da Historia de Cangas. 

Obxectivos e fin da asociación

1

Promover unha estreita e fraternal unidade entre tod@s os enferm@s de cancro de mama e xinecolóxico en tratamento por causa da enfermidade. 

2

Promover e fomentar todos os medios necesarios para a rehabilitación d@s asociad@s, entendendo por tal:

A adecuación das novas situación persoais, familiares e sociais 

A superación das limitacións para seguir cá vida normal 

Vivir có máximo de saúde e calidade de vida posible, a pesar da enfermidade e as súas consecuencias.

3

Axudar o desenrolo persoal d@s asociad@s nos aspectos sanitarios, culturais, organizativos, vivenciais, etc…

4

Crear, entre os asociad@s, un ou máis grupos de autoaxuda voluntaria que teñen como finalidade a axuda inmediata das mulleres, soci@s mastectomizadas ou persoas diagnosticadas de cancro xinecolóxico.

5

Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outras Asociacións similares e os sectores sociais, culturais do entorno, xa sexan provinciais, autonómicos e nacionais ou internacionais. 

6

Promover a plena realización dos principios da Asociación, así como a efectiva igualdade dos dereitos de tod@s os asociad@s, sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais de raza ou de sexo.

7

Requirir ós poderes públicos a atención e a axuda que esta realidade social merece.

8

Desenrolar programas de educación familiar, para proporcionar ás enfermas e os seus familiares coñecementos relacionados cá medicina preventiva tumoral. 

9

Promover actividades formativas, culturais e de estudos, etc… 

10

Contribuír ao funcionamento dos diversos servizos do centro. 

11

Promover as reunións de colaboración de asociad@s con profesionais da medicina  e autoridades e boas relacións con elas.

Áreas de traballo

  • Informar ás mulleres afectadas de tumor mamario/xinecolóxico de todo o referente á súa enfermidade (tratamento, próteses, alopecia, linfedema de brazo,pernas…)
  • Contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres e dos seus familiares, a través da información sobre aspectos sanitarios.
  • Potenciar a participación dos homes e mulleres en ámbitos relacionados coa saúde.
  • Dar difusión do labor da asociación, os seus obxectivos, programas, servizos…
  • Informar ás persoas socias das actividades que se levan a cabo dende ADICAM.

  • Ofrecer apoio psicosocial ás mulleres afectadas de cancro de mama/xinecolóxico e ás súas familias. 
  • Facilitar a comunicación e o apoio mutuo entre tódalas afectadas de cancro de mama/xinecolóxico coa finalidade de unir esforzos ante o impacto da enfermidade.
  • Contribuír ó aumento das expectativas de vida das persoas doentes de cancro e conseguir niveis dignos de calidade de vida para eles e os seus familiares. 
  • Dotar de axuda, a través de profesionais do área psicosocial, á persoa con cancro e a súa familia, de modo que adquiran competencias e habilidades para facer fronte á nova situación, manteñan os niveis de autonomía e integración social e poidan, en definitiva adaptarse do mellor xeito posible á enfermidade e ás súas consecuencias. 
  • Dar a coñecer ás institucións e organismos públicos as necesidades e os problemas que afectan á persoa enferma de cancro de mama/xinecolóxico e á súa familia, para que promovan ou reforcen os recursos necesarios para atendelas e asistilas. 
  • Procurar a difusión nos medios de comunicación desta problemática para poñer en coñecemento da opinión pública que o cancro é unha realidade que afecta á saúde na súa vertente física, psicolóxica e social. Mediante a sensibilización pretendemos fomentar a participación e solidariedade da poboación en xeral. 
  • Promover unha rehabilitación dirixida a potenciar a capacidade de adaptación a novas situacións persoais e a alcanzar unha boa calidade de vida. 
  • Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das mulleres en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc. 
  • Favorecer a solidariedade entre mulleres con tumor mamario/xinecolóxico ou en tratamento médico por este tipo de enfermidades.

Documentos ADICAM

  • “De conformidade cos datos que obran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras

    de Servizos Sociais (en adiante RUEPSS) dependente da Conselleria de Política

    Social infórmase que,

    A entidade denominada ASOCIACION DIAGNOSTICADAS DE CANCRO DE

    MAMA (G36380301) con enderezo en RUA VALENTIN LOSADA No 1 – CASA DA

    BOLA, do Concello de CANGAS (PONTEVEDRA), consta inscrita no RUEPSS na

    data 20 de novembro de 2001 cos seguintes datos:

    No DE INSCRICIÓN: E-1477

    CLASIFICACIÓN: INICIATIVA SOCIAL

    AREAS DE ACTUACIÓN: DISCAPACIDADE, FAMILIA, IGUALDADE, INFANCIA e

    MENORES

    REPRESENTANTES LEGAIS:

    .- OLGA MARIA SOTELO PASTORIZA (REPRESENTANTE LEGAL)”

¿Onde estamos?

ADICAM Cangas

Casa da Bola 1 (entrada por Valentín Losada nº 1)
36940 – Cangas, Pontevedra

Tel: 986 307 158  |  629 945 925

ADICAM
Vigo

Oficina de Distrito Municipal Casco Vello. Rúa  Oliva Nº 12
36902- Vigo, Pontevedra

Tel: 986 307 158 |629 945 925

ADICAM Pontevedra

Benito Corbal, nº47. Planta 3, local 11 (entrada por R/Javier Puig Lamas) 36001 – Pontevedra 

Tel: 986 307 158  |  629 945 925

Deja una respuesta