¿Que é ADICAM?
ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 2300 socios e socias no ano 2024. ADICAM está formado por unha amalgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa. Centrándonos de novo no labor da asociación e remontándonos os inicios, ADICAM nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que as mulleres teñan unha mellor calidade de vida e benestar.
Na actualidade para poder levar a cabo todas as nosas actividades e o traballo da asociación contamos cun amplío equipo de profesionais (ver organigrama).
Por tanto, podemos dicir de ADICAM que é unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios ós realizados polas institucións públicas.
Entre os servizos que se ofrecen pola asociación atopamos: apoio emocional, atención psicolóxica e social, información e asesoramento, charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición…), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama, cursos de relaxación e prevención do linfedema e a organización de actividades lúdicas e de lecer.
Fina Acuña
Fina nace en Cangas o 26 de setembro de 1968; a nivel laboral traballou no eido da hostalería, para posteriormente comezar có seu propio comercio.
No ano 2000 e xa diagnosticada de cancro de mama, róndalle na cabeza a idea de comezar cun proxecto asociativo froito da súa propia experiencia vital, para dar resposta as necesidades presentadas polas mulleres afectadas de este tipo de patoloxía; é así como xorden diferentes reunión na casa da Cultura para dar a coñecer as súas ideas e incentivar, tanto a profesionais do área sanitaria como a poboación en xeral, o seu ilusionante proxecto.
É así como o 21 de xaneiro do 2001 comeza a súa andadura o seu proxecto chamado ADICAM
Segundo ela mesma dicía: “se me ocorreu crear unha asociación para dar luz a todo o negro, para dar truquiños para mellorar a calidade de vida, para axudar e quitar o tabú que había naquel momento”.
A nivel persoal, Fina tivo dous fillos: Adrian e Manuel; ela falaba de ADICAM coma un fillo máis, ela foi o referente e estivo a fronte da asociación e da presidencia o longo de 15 anos.
En palabras das que a coñecían, a definían como unha muller, afable, afectuosa, humilde e optimista, sempre loitadora e cun sorriso incansable; ela foi capaz de movilizar a diferentes persoas da comunidade para crear ADICAM, o seu traballo xa forma parte da Historia de Cangas.
Últimas novas

“Concesión de ayudas dirigidas a entidades sin ánimo de lucro para actuaciones en el ámbito social en la provincia de Pontevedra (año 2025)”.
Nos complace compartir una gran noticia: ADICAM ha sido beneficiaria de la subvención 2025 concedida por la Diputación de Pontevedra, para su programa Camiñando en

Gracias a la Diputación de Pontevedra por su apoyo al XIV Certamen de Arte de ADICAM
En ADICAM estamos orgullosas de anunciar que nuestro XIV Certamen de Arte cuenta con el respaldo de la Diputación de Pontevedra, que nos ha concedido

Convenio do Concello de Moaña e ADICAM
ADICAM e Concello de Moaña renovan o seu compromiso en 2025 Estamos moi orgullosas de anunciar a sinatura do Convenio de colaboración entre o Concello