Atención psicolóxica

“O acompañamento en calquera das fases do proceso oncolóxico, e o seguimento na etapa de recuperación, así como abordar calquer outro problema que afecte directa ou indirectamente, a persoa diagnosticad@ ou o seu círculo, son fundamentais para proporcionar un entorno de seguridade, confianza e forza para superar as adversidades que virán de man dun proceso oncolóxico e as súas consecuencias. 

Proporcionar ferramentas, sexan as que sexan, para mellorar a calidade de vida, dende o eido da psicoloxía, de cada persoa resulta algo fundamental para nos.

Atención en traballo social

O cancro de mama e xinecolóxico, non só afecta a saúde física e emocional, senón que tamén hai que ter en conta a dimensión social, xa que consideramos á persoa coma un conxunto holístico; por tanto un diagnóstico, afecta tamén ás relacións sociais, á familia, ó traballo…

Dende o departamento de traballo social preténdese facilitar a información e tamén servir de conexión entre a entidade e a administración pública; un dos seus labores máis importantes é coñecer, xestionar e promover os recursos que existen na asociación e manter unha intermediación con outros profesionais do ámbito que poidan ter relación coas demandas dos nosos usuarios/as; así como informar de trámites como: grao de discapacidade, testamento vital, lei de dependencia, reclamacións médicas…

Servizo de nutrición

Dende o servizo de nutrición ofrecemos asesoramento dietético e nutricional a persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, independentemente do momento do diagnóstico; o que se pretende con este servizo é establecer unha reeducación alimentaria, para isto é preciso contar no noso equipo cunha profesional da nutrición que explique as pautas para unha dieta saudable; prestando especial atención á importancia que ten inxerir todos os nutrientes necesarios durante o proceso oncolóxico e despois do mesmo.

Por outro lado, tamén se traballa nas pautas de hixiene alimentaria, sobre todo cando as persoas se encontran empezando a quimioterapia; partindo de consellos nutricionais para levar mellor os efectos secundarios que pode derivar deste tipo de tratamentos; adquirindo técnicas culinarias saudables para o seu día a día.

Servizo de fisioterapia

Dende ADICAM realizamos unha análise individualizada de cada usuaria  para poder ofrecerlle a  información e as pautas que mellor conveñan ao seu caso. O asesoramento tamén axuda a que as mulleres teñan un enfoque positivo sobre o seu estado de saúde, xa que o autocoñecemento aporta seguridade. A parte de resolver as súas inquedanzas, informase ás mulleres sobre o coidado da cicatriz, a recuperación da movilidade, a aparición de dores musculares ou outras secuelas físicas e tamén sobre a posibilidade de desenvolver edema linfático ou linfedema e como identificalo para poder actuar correctamente.

Sesións de drenaxe linfático:

Cando as usuarias presentan edema linfático no brazo (no caso de operación por tumor de mama) ou nas pernas (no caso doutras operacións por tumores xinecolóxicos) ADICAM ofrece sesións de mantemento e control do seu linfedema, así coma asesoramento sobre as estratexias terapéuticas a seguir cando xa apereceu o linfedema.

Dende Adicam búscase que persoas afectadas de estas secuelas poidan acceder aos tratamentos do equipo de  fisioterapeutas especializados en atención do linfedema, e formados en drenaxe linfático.

O mesmo tempo e para dar cobertura integral a todas as pacientes da provincia, estableceuse convenios con profesionais de Vigo, Pontevedra, Moaña e Nigrán. 

Asesoramento laboral

Este servizo, está destinado tanto a persoas diagnosticadas de cancro de mama ou xinecolóxico como os seus familiares, xa que consideramos que  o proceso oncolóxico,  afecta tanto a paciente como o seu entorno inmediato.

 

Dentro deste servizo ofrécese información e orientación, acompañamento e elaboración de perfís profesionais, realización de itinerarios profesionais… para todo isto, contamos cunha profesional desta área que colabora cá nosa entidade, para acceder a este servizo é necesario pedir cita previa.

Có fin de establecer un servizo integral  dende ADICAM, no ano 2017, comezou a colaborar con nós unha avogada que aborda as necesidades que podan ter as usuarias en relación con este ámbito de actuación; para   acudir a este servizo é necesario establecer cita previa, ou de maneira presencial en algunha das nosas sedes ou nos teléfonos da entidade.

Asesoramento oncoestético

Un dos aspectos que tamén consideramos relevantes dende ADICAM é o coidado da pel e a estética. 

O noso obxectivo con este servizo é dotar ás mulleres que pasen ou pasasen por un proceso oncolóxico, dunhas pautas básicas para o coidado da pel, e poder minimizar as posíbeis secuelas que poidan aparecer derivadas de determinados tratamentos; tamén resolver calquera dúbida en relación a este tema, ofrecendo por tanto orientación, asesoramento e información ás usuarias que o precisen cunha profesional desta área.

Dentro deste servizo tamén contamos cun salón de peiteado que asesora ás persoas que o demanden sobre as diferentes perrucas e as orienta na adecuación das mesmas. 

En relación a isto, contamos cun banco de préstamos de perrucas e panos.

Deja una respuesta