Premios e recoñecementos
Premio Cacarexo 2013
Pola importancia e a labor de fomento e desenvolvemento de apoio social e axuda mutua para conseguir que a Muller teña unha mellor calidade de vida e benestar.
Premio AVV de Berducedo e Piñeiro 2015
Recoñecendo o traballo de colectivos e persoas a favor da sociedade.
Bronce Premio Jovell 2016
Os Premios Albert Jovell de GEPAC, convócanse na defensa da sanidade pública, dos dereitos dos pacientes e como recoñecemento o seu compromiso por normalizar a enfermidade. Buscan premiar a excelencia en oncoloxía e dar a coñecer os proxectos, iniciativas e traxectorias profesionais que contribuían a mellorar a calidade de viva dos pacientes e familiares.
Premio Daravelo 2018
O premio o entrega a asociación de Veciños Daravelo, que tódolos anos outorga a unha entidade ou persoa que traballa por e para a comarca. Este recoñecemento, na XIX edición resalta e apoia a traxectoria da nosa entidade.
Medalla Emilia Pardo Bazán 2019
Este galardón foi creado pola Xunta de Galicia a principios deste ano có propósito de recoñecer a labor colectiva a entidades que traballan a favor da igualdade entre homes e mulleres; ADICAM tivo a honra de ser a primeira entidade sen ánimo de lucro en conseguila.
7º Premio Cogave Confederación Galega de Asociacións veciñais
ADICAM foi premiada nesta edición pola súa traxectoria e labor cara a comunidade.
Premio Protección Civil Cangas 2019
A protección civil do Concello de Cangas recoñeceron a labor da entidade e a súa traxectoria dende que se fundou ADICAM.