Programas da entidade

Dende o ano 2016 ADICAM traballa para fomentar os hábitos de vida saudables na poboación en xeral; dende a prevención primaria; para fomentar tanto a saúde, física como mental e a nutrición; a través de diferentes talleres e charlas.

Segundo a OMS, con hábitos de vida saudable se poderían evitar o 30% das mortes producidas pola enfermidade. A vista destes datos, levando unha vida saudable poderíanse evitar 3 millóns de falecementos a causa do cancro e 5 millóns de casos novos en todo o mundo.

Por iso, dende a nosa entidade, apostamos porque as persoas sexan elas mesmas as que  modifiquen os seus hábitos; por tanto, é preciso unha serie de pasos: 

Tomar a decisión de modificalo ou evitar o contacto con él. 

Este programa está destinado a toda a poboación que desexe mellorar o seu estado de saúde física e mental tendo toda a información e os medios que precise para poder conseguilo có apoio do noso grupo de profesionais; por outra banda somos conscientes que interactuar con outras persoas que se encontren nesta situación e ter momentos para un mesmo/a, compartir vivencias e conseguir o que nos propoñemos mellora tanto a saúde física como psicolóxica; adquirindo en moitas ocasións unha rutina e uns hábitos para a mellora da saúde a longo prazo. 

Dende 2017 ADICAM traballa para fomentar a autoexploración mamaria e a detección precoz do cancro de mama. 

Ó longo dos anos, puidemos ver a gran importancia de potenciar a prevención secundaria fomentando que na medida do posible o cancro se detecte coa maior celeridade, xa que a detección temperá é unha das armas máis efectivas para poder superalo. 

A nosa entidade leva 3 anos indo pola xeografía da provincia de Pontevedra, impartindo charlas sinxelas e comprensibles, sempre adaptándonos a poboación destinataria da mesma, sobre a necesidade de autoexplorar e de cales son os pasos a dar e como actuar ante a detección dalgún síntoma de alarma. 

 

Dende 2017 leva rodando o programa ¡Ti queres, ti podes! financiado por Obra Social La Caixa. Este programa ten dúas vertentes; por un lado, realizamos ó longo de todo o ano talleres de exercicio físico, e por outra banda, talleres de reforzo cognitivo, para calquera persoa que estea ou pasara por un proceso oncolóxico, da igual o momento do seu diagnóstico e o tipo de cancro. 

 

O programa é gratuíto, para todas as persoas que se encontren na situación antes descrita, non é preciso ser socio/a da entidade, ou ser residente dunha zona específica; na actualidade, ano 2020, estamos a desenvolver o programa en tres lugares; Cangas, Pontevedra e Vigo.

Se precisas información de horarios ponte en contacto con nós, a través do email ou nos nosos teléfonos que aparecen na web. 

Dende a Asociación de Adicam tiñamos claro que a divulgación era unha tarefa importante a levar a cabo sobre todo en temáticas de cancro de mama e xinecolóxico, prevención de linfedema e alimentación. Xa no 2012 comezouse con un programa específico de charlas debate periódicas tódolos martes primeiros de cada mes. As charlas realízanse na sala polivalente de Adicam, e coa axuda do grupo de voluntarios da asociación, reflexionando sobre as necesidades sanitarias e sociais que se detectan e desta forma, establecer os temas. Algúns dos asuntos tratados nestes derradeiros anos:

  • Dano cerebral adquirido e calidade de vida.
  • Enfermidades autoinmunes.
  • Respirando saúde.
  • Enfermidades neumológicas.
  • Intelixencia emocional e saúde.
  • Esclerose múltiple.
  • Coidados paliativos e atención no final da vida.
  • Coidados dos ollos e a visión.
  • Urxencias Pediátricas –Información para pais.
  • Solucións da reprodución asistida para a enferma oncolóxica.
  •  Dislexia e trastornos da aprendizaxe.
  •  Etc…

Unha vez definido o tema para impartir a charla contamos non só con asociacións de pacientes que poidan contar o seu testemuño senón cos mellores profesionais tanto dos hospitais de referencia de Pontevedra e Vigo . Esta é unha boa forma de humanizar moitas veces o profesional. Nestas charlas os propios pacientes poden ver os seus facultativos nun ambiente máis distendido e non tan frío como na consulta . Son moitos os obxectivos que se logran nestas reunións periódicas que Adicam vai logrando, non só ter un paciente máis informado senón de crear rede e mellorar a calidade de vida de todos

Subvencións

XSolidaria

Marcando a #XSolidaria ao facer a túa declaración da renda estas apoiando as accións e actuacións de ADICAM Gracias a ela, poidemos deseñar un proxecto

Ler Mais >>

Ti queres, ti podes!!

Un años más ADICAM y Obra Social La Caixa renuevan su convenio de colaboración para poder seguir desarrollando el programa “Ti queres, ti podes” en

Ler Mais >>

Ti queres, ti podes 2024!

Un años más ADICAM y Obra Social La Caixa renuevan su convenio de colaboración para poder seguir desarrollando el programa “Ti queres, ti podes” en el Morrazo.

Ler Mais >>

Grupo Interactivo de Pacientes Fina Acuña

Este grupo de traballo GIP ( Grupo Interactivo entre Pacientes, leva estudando dende o ano 2016 a realidade asistencial en relación có cáncro de mama e agora tamén xinecolóxico, de Pontevedra

Os nosos obxectivos en relación a este programa son:

  1. Coñecer as distintas experiencias dos/as pacientes diagnosticadas para establecer unha vía de comunicación entre as afectadas e profesionais, có obxectivo de retromalimentar as actuacións levadas a cabo nas diferentes áreas sanitarias da provincia de Pontevedra en cada momento da enfermidade (prevención diagnóstico, tratamento e seguimento). 

  2. Propoñer a implantación e optimización dos recursos que derivarían nunha mellor calidade asistencial así como a vivencia da enfermidade por parte das pacientes.

  3. Conseguir entre todos/as unha sensación de tranquilidade, coherencia e coñecemento de todos os procesos que se van a vivir a partir do diagnóstico. 

  4. Elaborar informes periódicos onde se reflexen as conclusións e se darán propostas construtivas, para todos os colectivos, profesionais, pacientes, familias e asociacións.
  5. Pedimos a vosa colaboración para este proxecto. Contacta con nós. 

Cuestionario
ADICAM

Este cuestionario, totalmente anónimo, elaborouse có propósito de obter información sobre a vivencia da enfermidade dende o diagnóstico ata o  momento actual. Conisto queremos chamar a atención dos profesionais e institucións para mellorar, se cabe, do funcionamento da unidade de mama e dos diferentes hopitais de referencia. 

Gustaríanos obter a maior información posíbel. Algunhas das preguntas non son de resposta única. Resposta as opcións que consideres necesarias e lembra que podes non respostar aquelas que non consideres oportunas. 

Ocio e
tempo libre

O longo de todo o ano dende a nosa entidade organizamos para os socios/as diferentes eventos para dinamizar a labor da nosa entidade, nestes poden participar tanto persoas diagnosticadas, como familiares, colaboradores, ou calquera persoa que teña a calidade de socio/a. Cabe destacar que no caso que as prazas sexan limitadas sempre terán prioridade as persoas diagnosticadas de cancro de mama ou xinecolóxico, algúns dos talleres que se desenrolan de maneira periódica en ADICAM son: Pachwork, ganchillo, risoterapia, autoestima, excursións, convivencia en feminino, saúde entre mulleres…

Arte

ADICAM traballa dunha maneira transversal como axente da comunidade, motivo polo cal dende o 2012, comezamos a traballar no eido da arte, sempre relacionándoo co universo que rodea as mulleres. 

Dende o 2012 levamos organizado exposicións periódicas tanto de pintura, como de debuxo, utilizando a nosa sala expositiva da nosa sede en Cangas, na Casa da Bola. 

Por outro lado, organizamos anualmente un certame de Arte, no 2020 estaremos organizando a IX edición do mesmo. 

Por último e en relación con isto, estamos traballando nunha exposición itinerante para poder mostrar o noso traballo o longo dos anos. Se pertences a unha entidade da provincia de Pontevedra, a unha asociación de veciños ou a algunha administración pública e che apetece ter un espazo onde se poidan expoñer as nosas obras, ponte en contacto con nós. 

Ver certamens de arte

Información sobre o cancro de mama e xinecolóxico

Guía de  exercicio físico e nutrición para pacientes con cancro de mama localizado e avanzado.

Guias_Nutricion_Ejercicio_Cancer_Mama

Este libro esta avalado pola Sociedade Española de Oncoloxía médica (SEOM), a Federación de Cancro de Mama (FECMA), e Grupo de Investigación de Cancro de Mama (GEICAM) e o Grupo Español de Estudio, Tratamento e outras Estratexias Experimentais en Tumores Sólidos (SOLTI), responde  dunha maneira clara e sinxela a todas as preguntas que se plantexan en torno o cancro de mama. 

cancer_mama

O manual para  o paciente oncolóxico e a súa familia é froito dunha intensa reflexión e dunha gran empatía para o/a paciente oncolóxico. Este libro é unha reedición ampliada das anteriores publicación, receitas de cociña e de autoaxuda  para o enfermo oncolóxico, contando cós mesmos autores: unha psico-oncóloga Mª Luisa de Cánceres; unha enfermeira; Francisca Ruiz Mata;  unha diplomada en Traballo Social, Cristina Carlota; e unha un oncóloga médico, o Dr. Jose Ramón Germá Lluch. 

Trátase dun libro moi práctico, no que tamén se ofrece información rigorosa   a vez que útil, transmitindo a  par, unha mensaxe de ánimo e de confianza;  en definitiva, ofrécense ideas  prácticas e positivas para mellorar a calidade de vida do enfermo oncolóxico, dos seus familiares e de coidadores que os/as atenda. De especial relevancia é o capitulo dedicado as receitas de cociña especialmente elaboradas para aliviar as molestias do tratamento oncolóxico. 

manual_pacientes

Trátase dun libro moi práctico, no que tamén se ofrece información rigorosa   a vez que útil, transmitindo a  par, unha mensaxe de ánimo e de confianza;  en definitiva, ofrécese ideas  prácticas e positivas para mellorar a calidade de vida do enfermo oncolóxico, dos seus familiares e de coidadores que os/as atenda. De especial relevancia é o capitulo dedicado as receitas de cociña especialmente elaboradas para aliviar as molestias do tratamento oncolóxico. 

Recetas de cocina y de autoayuda para el paciente oncológico 1

RECETAS DE ONCOLOGÍA anexos

RECETAS DE ONCOLOGÍA biblio

RECETAS DE ONCOLOGÍA parte2

RECETAS DE ONCOLOGIA parte3

RECETAS DE ONCOLOGÍA parte4

RECETAS DE ONCOLOGIAparte1

O  folleto contén a súa vez unhas normas e recomendacións, útiles para previr a aparición do edema do brazo, as cales deberán adaptar a súa vida cotiá. 

LINFEDEMAfecma

É  un conto para axudar ó avances dos pequenos/as a asimilar, tras un diagnóstico de cancro de mama  nunha nai, o que lle está ocorrendo e como  eses cambios afectan a súa vida. Este conto pertence o proxecto “Coidar en oncoloxía” que consta de sete publicacións máis. 

Conto La_Cola_de_Sparky_web

O conto creado para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama e nais de nenos en idade escolar. O obxectivo é fomentar a comunicación con seus  fillos/as para que estes entendan unha situación na que moitos proxenitores agachan “para evitar o sufrimentos dos deus pequenos/as”. 

O conto é un proxecto avalado pola SEOM en colaboración con FECMA e có patrocinio de Sanofi-Aventis. 

Cuento_que_te_ocurre_mama

Enlaces de interese

SEOM es una entidad científica que integra a más de 2.200 médicos especialistas relacionados con la oncología y cuyo fin es avanzar en la lucha contra el cáncer.

The Union for International Cancer Control (UICC) unites the cancer community to reduce the global cancer burden, to promote greater equity, and to integrate cancer control into the world health and development agenda

Como Federación Española de Cáncer de Mama es un grupo de autoayuda que comparte vivencias, información y experiencias y ganas de vivir. Buscando encontrar y ofrecer actitudes y estrategias positivas.

El Grupo GEICAM de Investigación en Cáncer de Mama es una asociación científica de interés público que se constituyó en 1995 y una fundación sin ánimo de lucro desde 2009,

SOLTI is a non-profit organization dedicated to clinical research in breast cancer. Established in 1995, the clinical trials performed by SOLTI are designed to answer questions of major scientific interest and clinical relevance about the different tumor subtypes of breast cancer and its responses to new treatments, as well as to convey proposals for new molecules.

SEOM es una entidad científica que integra a más de 2.200 médicos especialistas relacionados con la oncología y cuyo fin es avanzar en la lucha contra el cáncer.

Deja una respuesta