¿Que é ADICAM?
ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 1875 socios e socias no ano 2022. ADICAM está formado por unha amálgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa. Centrándonos de novo no labor da asociación e remontándonos os inicios, ADICAM nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que as mulleres teñan unha mellor calidade de vida e benestar.
Na actualidade para poder levar a cabo todas as nosas actividades e o traballo da asociación contamos cun amplío equipo de profesionais (ver organigrama).
Por tanto, podemos dicir de ADICAM que é unha asociación sen ánimo de lucro, non gobernamental, que realiza apoio social e promove novos servizos, complementarios ós realizados polas institucións públicas.
Entre os servizos que se ofrecen pola asociación atopamos: apoio emocional, atención psicolóxica e social, información e asesoramento, charlas sobre educación para a saúde (prevención, nutrición…), aspectos médicos e emocionais do cancro de mama, cursos de relaxación e prevención do linfedema e a organización de actividades lúdicas e de lecer.
Fina Acuña
Fina nace en Cangas o 26 de setembro de 1968; a nivel laboral traballou no eido da hostalería, para posteriormente comezar có seu propio comercio.
No ano 2000 e xa diagnosticada de cancro de mama, róndalle na cabeza a idea de comezar cun proxecto asociativo froito da súa propia experiencia vital, para dar resposta as necesidades presentadas polas mulleres afectadas de este tipo de patoloxía; é así como xorden diferentes reunión na casa da Cultura para dar a coñecer as súas ideas e incentivar, tanto a profesionais do área sanitaria como a poboación en xeral, o seu ilusionante proxecto.
É así como o 21 de xaneiro do 2001 comeza a súa andadura o seu proxecto chamado ADICAM
Segundo ela mesma dicía: “se me ocorreu crear unha asociación para dar luz a todo o negro, para dar truquiños para mellorar a calidade de vida, para axudar e quitar o tabú que había naquel momento”.
A nivel persoal, Fina tivo dous fillos: Adrian e Manuel; ela falaba de ADICAM coma un fillo máis, ela foi o referente e estivo a fronte da asociación e da presidencia o longo de 15 anos.
En palabras das que a coñecían, a definían como unha muller, afable, afectuosa, humilde e optimista, sempre loitadora e cun sorriso incansable; ela foi capaz de movilizar a diferentes persoas da comunidade para crear ADICAM, o seu traballo xa forma parte da Historia de Cangas.
Obxectivos e fin da asociación
1
Promover unha estreita e fraternal unidade entre tod@s os enferm@s de cancro de mama e xinecolóxico en tratamento por causa da enfermidade.
2
Promover e fomentar todos os medios necesarios para a rehabilitación d@s asociad@s, entendendo por tal:
A adecuación das novas situación persoais, familiares e sociais
A superación das limitacións para seguir cá vida normal
Vivir có máximo de saúde e calidade de vida posible, a pesar da enfermidade e as súas consecuencias.
3
Axudar o desenrolo persoal d@s asociad@s nos aspectos sanitarios, culturais, organizativos, vivenciais, etc…
4
Crear, entre os asociad@s, un ou máis grupos de autoaxuda voluntaria que teñen como finalidade a axuda inmediata das mulleres, soci@s mastectomizadas ou persoas diagnosticadas de cancro xinecolóxico.
5
Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outras Asociacións similares e os sectores sociais, culturais do entorno, xa sexan provinciais, autonómicos e nacionais ou internacionais.
6
Promover a plena realización dos principios da Asociación, así como a efectiva igualdade dos dereitos de tod@s os asociad@s, sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais de raza ou de sexo.
7
Requirir ós poderes públicos a atención e a axuda que esta realidade social merece.
8
Desenrolar programas de educación familiar, para proporcionar ás enfermas e os seus familiares coñecementos relacionados cá medicina preventiva tumoral.
9
Promover actividades formativas, culturais e de estudos, etc…
10
Contribuír ao funcionamento dos diversos servizos do centro.
11
Promover as reunións de colaboración de asociad@s con profesionais da medicina e autoridades e boas relacións con elas.
Áreas de traballo
- Informar ás mulleres afectadas de tumor mamario/xinecolóxico de todo o referente á súa enfermidade (tratamento, próteses, alopecia, linfedema de brazo,pernas…)
- Contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres e dos seus familiares, a través da información sobre aspectos sanitarios.
- Potenciar a participación dos homes e mulleres en ámbitos relacionados coa saúde.
- Dar difusión do labor da asociación, os seus obxectivos, programas, servizos…
Informar ás persoas socias das actividades que se levan a cabo dende ADICAM.
- Ofrecer apoio psicosocial ás mulleres afectadas de cancro de mama/xinecolóxico e ás súas familias.
- Facilitar a comunicación e o apoio mutuo entre tódalas afectadas de cancro de mama/xinecolóxico coa finalidade de unir esforzos ante o impacto da enfermidade.
- Contribuír ó aumento das expectativas de vida das persoas doentes de cancro e conseguir niveis dignos de calidade de vida para eles e os seus familiares.
- Dotar de axuda, a través de profesionais do área psicosocial, á persoa con cancro e a súa familia, de modo que adquiran competencias e habilidades para facer fronte á nova situación, manteñan os niveis de autonomía e integración social e poidan, en definitiva adaptarse do mellor xeito posible á enfermidade e ás súas consecuencias.
- Dar a coñecer ás institucións e organismos públicos as necesidades e os problemas que afectan á persoa enferma de cancro de mama/xinecolóxico e á súa familia, para que promovan ou reforcen os recursos necesarios para atendelas e asistilas.
- Procurar a difusión nos medios de comunicación desta problemática para poñer en coñecemento da opinión pública que o cancro é unha realidade que afecta á saúde na súa vertente física, psicolóxica e social. Mediante a sensibilización pretendemos fomentar a participación e solidariedade da poboación en xeral.
- Promover unha rehabilitación dirixida a potenciar a capacidade de adaptación a novas situacións persoais e a alcanzar unha boa calidade de vida.
- Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das mulleres en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc.
- Favorecer a solidariedade entre mulleres con tumor mamario/xinecolóxico ou en tratamento médico por este tipo de enfermidades.
Documentos ADICAM
“De conformidade cos datos que obran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras
de Servizos Sociais (en adiante RUEPSS) dependente da Conselleria de Política
Social infórmase que,
A entidade denominada ASOCIACION DIAGNOSTICADAS DE CANCRO DE
MAMA (G36380301) con enderezo en RUA VALENTIN LOSADA No 1 – CASA DA
BOLA, do Concello de CANGAS (PONTEVEDRA), consta inscrita no RUEPSS na
data 20 de novembro de 2001 cos seguintes datos:
No DE INSCRICIÓN: E-1477
CLASIFICACIÓN: INICIATIVA SOCIAL
AREAS DE ACTUACIÓN: DISCAPACIDADE, FAMILIA, IGUALDADE, INFANCIA e
MENORES
REPRESENTANTES LEGAIS:
.- OLGA MARIA SOTELO PASTORIZA (REPRESENTANTE LEGAL)”
¿Onde estamos?
ADICAM Cangas
Casa da Bola 1 (entrada por Valentín Losada nº 1)
36940 – Cangas, Pontevedra
Tel: 986 307 158 | 629 945 925
ADICAM
Vigo
Oficina de Distrito Municipal Casco Vello. Rúa Oliva Nº 12
36902- Vigo, Pontevedra
Tel: 986 307 158 |629 945 925
ADICAM Pontevedra
Benito Corbal, nº47. Planta 3, local 11 (entrada por R/Javier Puig Lamas) 36001 – Pontevedra
Tel: 986 307 158 | 629 945 925