Subvención para a contratación dunha auxiliar administrativo

Adicam recibiu por parte da Secretaria Xeral de emprego a aprobación dunha subvención para a contratación dunha auxiliar administrativo.
Esta convocatoria se enmarca dentro do Programa operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil.
Se trata dunha subvención para a contratación dunha persoa inscrita no Sistema de Nacional e Garantía Xuvenil, dirixido a mellorar a empregabilidade e a súa inserción profesional.
A duración do contrato é de 7 meses.
Gracias a esta subvención se realizará un servizo de integración sociolaboral cás persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico. Dende ADICAM seguimos traballando por mellorar a calidade de vida e a situación d@s nosas pacientes e as súas familias.
O obxectivo xeral de este servizo e mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas; os resultados esperados son: mellorar as ferramentas para mellorar as capacidades das usuarias da nosa entidade e mellorar a axuda mutua entre elas.
O resultado espera é unha mellora na integración tanto a nivel social como laboral das persoas diagnosticadas por unha destas patoloxías.
Por parte da persoa contratada os obxectivo á alcanzar con esta contratación é:
– Aumentar a experiencia laboral.
– Mellorar as habilidades laborais
– Favorecer a capacidade do traballo en equipo
– Dar a posibilidade de por en prácticas os coñecementos adquiridos na súa formación
– Mellorar o seu curriculum vitae

Comparte:

Facebook
Twitter

Novas relacionadas