V Festival furtivo solidario con ADICAM
Actividades » V Festival furtivo solidario con ADICAM
Desafiando os efectos da crise no sector cultural, os colectivos Deskarga Furtiva e Agais, veñen de presentar a quinta edición do Festival Furtivo. Este evento musical e tamén solidario, pois a recadación completa das entradas irá destinada á Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama (ADICAM), celebrarase os días 7, 8 e 9 de decembro baixo carpa, na praza de Ojea en Cangas.
Venta anticipada de entradas para o sábado 8 no local de ADICAM, na cafetería La Marina, en Agarimo e El Zapato Chispón. En Cangas