Boletín de Noticias

Thetetas Van

Actividades » Thetetas Van

26-03-2014 17:40

Continuan os xoves efervescentes en SALASON CANGAS!

 

Desta vez teremos unha festa solidaria coa Adicam (Asociación de Diagnosticad@as de Cancro de Mama)<https://www.facebook.com/pages/Adicam-Asociaci%C3%B3n-de-Diagnosticadas-de-Cancro-de-Mama/143351239016715>con

música ao vivo da man da banda ourensana "THETETAS VAN", unha banda chegada de Ourense e formada na súa maioría por mulleres que galeguizan e mesmo femenizan temas universais do Rock&Roll.

 

Deste xeito aglutinamos tres conceptos efervescentes: por un lado a colaboración con ADICAM, asociación de grande efervescencia na vila; por outro lado poñemos a lupa no emprego do galego, dado que a banda caracterízase por un emprego da língua do máis orixinal, galeguizando temas universais dos anos 50, 60 e 70, e por outro lado seguimos a festexar o mes da muller traballadora traendo a unha banda na que quen manda son ELAS.

 

A festa ten previsto dar comezo dende as 22:00, se ben o concerto dará comezo ás 23:00 h

 

A entrada é de 6 EURO colaborando nela con 1,50 EURO para o sostemento da Asociación ADICAM.

 

Corre a bola, dalle á língua!

 

Vémonos o vindeiro xoves, no SALASON, con Thetetas Van<https://www.facebook.com/thetetas.van>

 

Contacto para entrevistas: Irene Somoza Sampayo 605 57 10 06 Páxina de facebook: https://www.facebook.com/thetetas.van

 

Vídeos:

http://youtu.be/JIpV-Ohz5aw

http://youtu.be/6bF2J3ZpM9I

--

 

CABARÉ3 Produccións

Orquesta GHARBO!

www.cabare3.org

www.gharbo.org

Avda de Vigo 11 Edificio María Soliña 4ºD 36940 Cangas do Morrazo (Pontevedra)

(+34) 886 311 513

(+34) 647 647 404

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com