Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Programas "Coidate" e "Saúde e Benestar"

Actividades » Programas "Coidate" e "Saúde e Benestar"

16-06-2014 16:03

Desde a Deputación de Pontevedra chegounos a información de que xa está en marcha o programa de balnearios deste ano.

Requisitos: Ser pensionista. Ou solicitante de respiro familiar. Ou persona nacida antes de 1964.

Programa “Coidarte” : cinco tardes dúas horas (de luns a venres) en balneario, spa ou talaso da provincia a prezos reducidos. Prazo de solicitude do 24 de xuño ata o 23 de xullo

Programa “Saúde e Benestar”: estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa ou talaso en réxime de pensión completa, uso das instalación termais e actividades de animación. Prazo de solicitude ata o 2 de xullo

Para máis información, en servicios sociais do teu concello, da páxina web da deputación , ou pasa polo local de Adicam (ou chama por teléfono)

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012