Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Plantas Silvestres comestibles para manter a saúde

Actividades » Plantas Silvestres comestibles para manter a saúde

29-06-2016 17:16
Este xoves dentro do programa de "Habitos saúdables Adicam" seguimos traballando para facervos chegar a información  que vos pode axudar a mellorar  a vosa calidade de vida.
Para este mes de Xuño temos programada  (30 de xuño ás 18:00 H)  unha charla sobre "Plantas Silvestres comestibles para manter a saúde" impartida por Juanra .
Ademais no evento levará a cabo a elaboración e degustación de zumes verdes (DETOX)
O evento terá lugar na casa da Bóla .(Valentín Losada 1 1º ) 
Aberto para todo o mundo .
 
Esperámosvos a todos !!!
 
Todos temos a capacidade de levar unha vida saudable !!!!!
 
NomeTamañoData
icoPLANTAS COMESTIBLES.pdf203.51 KB29-06-2016 17:22
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012