Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

O que debes saber sobre o CANCRO DE MAMA

Documentación » O que debes saber sobre o CANCRO DE MAMA

 

O que debes saber do
CANCRO DE MAMA
 
¿Que e o Cancro de Mama?


O cancro de mama é un proceso oncolóxico no que as células sans da glándula mamaria dexeneran e se transforman en tumorais, proliferando e multiplicándose posteriormente ata constitui-lo tumor.
 

¿A quén afecta e por qué?


A orixe do cancro é descoñecida. Non se pode afirmar que o cancro de mama afecte con preferencia a unha tipoloxía de muller determinada. Pero a medicina buscou factores que poideran indicar unha maior probabilidade de sufri-la enfermidade e denominounos factores de risco.
Destes factores, algúns poderían clasificarse como xenéticos, outros como hormonais e outros como ambientais ou de hábitos de vida.


 

Algúns Factores de Risco


- Idade
- Menstruación precoz e menopausia tardía
- Ausencia de embarazos
- Embarazo tardío
- Predisposición xenética (historia familiar)
- Ter diagnosticada algunha mastopatía (enfermidade da mama) de risco
- Tabaquismo
- Dieta non equilibrada
- Estrés


 

Detección precoz do Cáncro de Mama

Ó non coñecerse a causa do cancro de mama, hoxe por hoxe é unha enfermidade que non se pode previr. Sen embargo, si é posible detectala precozmente. Esta detección "a tempo", unida á aplicación dun tratamento correcto en tódolos casos diagnosticados, é a clave para lograr unha curación real

DETECCIÓN PRECOZ
TRATAMENTO CORRECTO
CURACIÓN

 
Mamografía

A única exploración de eficacia demostrada para a detección precoz é a mamografía de calidade (aparato adecuado manexado por un experto). De calquera forma, cada vez se desenvolven máis campañas de control para a detección precoz en sectores concretos da poboacián feminina:

- Mulleres con factores de risco, cada ano.
- Mulleres sen factores de risco, cada dous anos.
- Tódalas mulleres entre 65 e 69 anos, cada ano.
     A partir dos 70 anos, non existen evidencias científicas que o recomenden, pero tampouco se debe "baixa-la garda".
 
 
Autoexploración das mamas


Ás mulleres que teñen unha idade que non fai necesaria a realización dunha mamografía, pódeselles suxerir que se autoexaminen as mamas unha vez ó mes, como alternativa. O mellor, no caso das que teñen a menstruación, é facelo uns cinco días despois de tela, cando as mamas están menos tensas e inchadas; para as que non a teñan, recoméndase facelo sempre na mesma data para non esquecerse.
Para inicia-lo autoexame de forma correcta, hai que situarse diante dun espello, cos brazos caídos ó longo do corpo. É importante relaxarse e asegurarse de que se pode facer sen présas e sen interrupcións.

 

Advertencias Previas


Moitas mulleres non realizan a autoexploración das mamas porque lles resulta complicado, doloroso ou lles provoca certo temor facer de médico de si mesmas.
Non obstante, si é aconsellable facer periodicamente algún tipo de palpación correcta para conecer ben as características das propias mamas. Deste modo, a muller notaría enseguida calquera cambio que se producira.
     A maioría das veces, os cambios non teñen importancia: máis do 80% dos nódulos que a propia muller se detecta nas mamas, son benignos. Sen embargo, se se atopara algo, sempre debe consultarse co médico especialista.

 

1.  Comprobar se na pel das mamas aparecen nódulos ou protuberancias. Observar se se produciu algún cambio no tamaño ou aspecto das mamas. Mirar se os pezóns están normais (que non estean retraídos ou fundidos)

2. Realiza-las mesmas observacións colocando as mans primeiro sobre as cadeiras, despois detrás da caluga.

3. Colocar unha man detrás da caluga. Examina-la mama esquerda coa man dereita, presionando coas puntas dos dedos e realizando un movemento circular.

4. Examinar tamén o pezón tratando de detecta-la posible presencia de nódulos ou se se produce algún tipo de secreción de líquido.

5. Realizar unha última palpación da área cercana á axila (que tamén pode conter algo de tecido mamario).

6. Proceder a realiza-las mesmas operacións na outra mama. Tamén é recomendable realiza-la mesma exploración en posición horizontal, colocando alternativamente unha almofada baixo os ombros.
 

Consellos ineludibles


O Decálogo Europeo Contra o Cancro, dinos:

1. Non fume. Fumador: deixe de fumar o antes posible e non fume diante dos outros.

2. Sexa moderado no consumo de bebidas alcohólicas.

3. Evita a exposición excesiva ao sol.

4. Siga as recomendacións sanitarias e de seguridade, especialmente no ambiente laboral, referentes á producción, manipulación ou utilización de calquera substancia que poida producir cancro.

5. Coma frecuentemente froitas, verduras frescas e cereais con alto contido en fibra.

6. Evite o exceso de peso e limite o consumo de graxa.

7. Consulte ó seu médico se advirte un vulto, modificacións nun lunar ou hemorraxias anormais.

8. Consulte ó seu médico en caso de transtornos persistentes, como tos, ronqueira, cambio nos seus hábitos intestinais ou perda de peso inxustificada.

PARA A MULLER, ademais:

9. Fágese regularmente unha revisión xinecolóxica.

10. Vixíe os seus senos regularmente.

 

A convivencia coa enfermidade


A muller que ten un cancro de mama en calquera das súas etapas de desenvolvemento ou tratamento está vivindo unha situación psicoláxica de incertidume que, por outra banda, é absolutamente comprensible: medo, tristeza, desencanto, fraqueza... Son emocións e sentimentos humanos que afloran de forma natural nos momentos difíciles dá vida.

    Sen embargo, estas emocións e sentimentos poden controlarse e, o que é máis importante, transformarse en experiencias positivas para o futuro.

   Lograr esta superación e aprender a vivir coa enfermidade depende do coñecemento que se teña de esta, de ter ideas moi claras e de segui-las indicacions que os especialistas lle deran.

    A enfermidade non pode escollerse, pero o que si se pode elixir é o mellor tratamento e a maneira de enfrentarse a ela con actitude positiva. Un diagnóstico de cancro de mama supón un risco, pero é moito máis controlable que outros ós que nos somete a vida continuamente.

    Hai algo peor que ter un Cancro de Mama; telo e non sabelo, ou non estar en tratamento.

    Esixir unha atención especializada e de calidade, para calquera clase de afección mamaria é un dereito de tódalas mulleres. A gran maioría de casos de Cancro de Mama en estado precoz e localizado evolucionan de forma satisfactoria gracias ós constantes avances.

 

NomeTamañoData
icor_cancrom.pdf

O que debes saber sobre o CANCRO DE MAMA

985.21 KB08-03-2016 17:12
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012