Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

O que debes saber sobre a QUIMIOTERAPIA

Documentación » O que debes saber sobre a QUIMIOTERAPIA

 

O que debes saber da
QUIMIOTERAPIA
 
¿Que e a quimioterapia?


Son medicamentos capaces de destruir as células canceríxenas e tumorais, impedindo o seu crecemento e multiplicación.

 

¿Como inflúe a quimioterapia sobre as células tumorais?


O sangue é o encargado de levar o medicamento ata o tumor e ó resto do organismo. A substancia antitumoral repártese por todo o corpo, sobre todo nas células canceríxenas. Dentro destas células o medicamento impide o seu crecemento e multiplicación , o cal conduce á súa destrucción.

 

¿Cómo inflúe a quimioterapia sobre as células sas?


Hoxe por hoxe, a quimioterapia actúa tamén sobre aquelas células do corpo que se dividen rapidamente, como son as da médula ósea (sangue) , o aparello dixestivo, o sistema reproductor e os cabelos. Sen embargo, as células normais teñen unha grande capacidade de recuperación, volvendo á normalidade tras rematar o tratamento.

 

¿Cales son os posibles efectos secundarios?


1.- CAIDA DO CABELO: Non todos os fármacos teñen o mesmo poder para producir este efecto. O máis fecuente é que se perda pelo do coiro cabeludo, pero en ocasións pódese perder tamén das cellas, pube e axilas. Tamén hai que ter en conta a sensibilidade persoal de cada individuo a esta acción tóxica. O pelo volverá a crecer ó finalizar os tratamentos.
É aconsellable
• Cortar o pelo bastante curto antes de empezar o tratamento.
• Lavalo con xampú neutro.
• Poden usarse panos, turbante ou gorro, ou comprar unha perruca.

2.- NAUSEAS E VÓMITOS: A causa deste efecto débese á acción dos medicamentos en dous lugares, un no sistema nervioso central e outro no propio tubo dixestivo.
E aconsellable
• Tomar poca cantidade de comida e aumentar o número de inxestas.
• Evitar o exceso de líquidos antes, durante e despois de comer.
• Evitar comidas pesadas, graxas, fritos ...
• Comer amodo e mastigar ben para facilitar a dixestión.
• Deixar que pasen dúas horas tralas comidas antes de deitarse.
• O médico darache medicación se a precisas.

3.- ALTERACION DOS COMPOÑENTES DO SANGUE: As células do sangue vense afectadas en maior ou menor medida pola quimioterapia. Polo tanto, prodúcese un descenso temporal, máis frecuente entre os 7 e 15 días despois da administración da medicación, sendo máis susceptibles os leucocitos e as plaquetas.

4.- LESIÓNS CUTÁNEAS E VENOSAS: Algún destes fármacos, cando están en contacto cos tecidos , producen unha queimadura química. Para evitar esta situación debemos seguir estrictamente as instruccións do persoal de enfermería.
As lesións venosas en xeral , son inflamacións da vea utilizada,chamadas flebite, que produce dor e produce unha cor vermella na zona que normalmente cede nuns días.

5.- CHAGAS E SEQUIDADE NA BOCA: se aparecen é aconsellable:
• Tomar comidas líquidas e brandas evitando irritantes.
• Axudarse cuhna palliña para poder tragar mellor.
• Practicar a hixiene bucal e dentaria, mantendo limpos os dentes e enxivas para evitar a infección.

6.- ALTERACIÓNS SEXUAIS E DO CICLO MESTRUAL.
Durante o tratamento con quimioterapia poden aparecer alteracións da regra, retrasos, irregularidades ou mesmo chegar a desaparecer. Tras finalizar o tratamento soe nas persoas novas recuperar os seus ciclos mestruais.
É importante mencionar que a quimioterapia actúa negativamente sobre a actividade sexual. É fundamental que tanto a paciente como a súa parella coñezan este feito, comprendan a situación e intenten superalo.
Durante o tratamento con quimioterapia haberá que poder medidas oportunas para evitar un embarazo que, aínda que raro, pode ocorrer e non é aconsellable.

 

RECOMENDACIONS XERAIS DURANTE A QUIMIOTERAPIA


COMIDAS: mentres dure a quimioterapia é importante que tomes unha dieta adecuada; esta axudarache a manter as forzas e a recuperarte mellor dos efectos secundarios.
1.Aumenta o consumo de froita e verdura, especialmente frescas.
2.Consumir alimentos ricos en fibras.
3.Consumir menos azocar, menos sal e menos graxa.

BEBIDAS: durante a quimioterapia, o corpo ten que estar ben hidratado, para facilitar a eliminación de medicamentos que non se absorveran polas células eviatr que perxudiquen os riles e outros órganos. Bebe dous litros de nuga día, salvo que o médico indique o contarrio.

ACTIVIDADE-REPOSO: pódese realizar unha vida normal
• Debes saír se che apetece.
• Realizar exercicios de ximnasia que requiran pouco esforzo.
• Paseos dunha hora ó día.
• Intentar manter o ritmo de sono:fixar horario de levantarse e acostarse
• Se non podes dormir, consulta ó teu médico
 

 

NomeTamañoData
icor_quimioga.pdf

O que debes saber sobre a QUIMIOTERAPIA

505.82 KB08-03-2016 17:12
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012