Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Exposición "Femenina Naturaleza"

Actividades » Exposición "Femenina Naturaleza"

23-04-2014 11:16

Dende ADICAM, queremos convidarte á inauguración da exposición de pintura de Mª Emilia Barreiro Augusto, “Femenina Naturaleza”, que terá lugar na sede da nosa  asociación o vindeiro venres 25 de Abril ás 19:30. Esta exposición estará aberta ó público dende o 25 de Abril ó 10 de Maio de 2014 en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 h e os martes  tamén pola tarde de 17:00 a 19:00h.

 

Un saúdo

 

A XUNTA DIRECTIVA DE ADICAM



--

ASOCACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE MAMA DE PONTEVEDRA (ADICAM)

CIF-36380301. Casa da Bola (Valentín Losada 1-1º). Cp.36940.

Cangas do Morrazo. PONTEVEDRA.

986 30 71 58

www.adicam.net

adicamadicam@gmail.com

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012