Boletín de Noticias

Convivencia en Feminino 2018

Actividades » Convivencia en Feminino 2018

23-05-2018 11:18

Un ano máis  ADICAM, celebra o seu xa tradicional Convivencia en Feminino, que terá lugar na Residencia de Tempo de Libre de  Panxón  os días 8, 9 e 10 de xuño. O obxectivo desta convivencia é que as mulleres socias de  ADICAM ou mulleres con algún tipo de enfermidade crónica (diabetes, cancro,  fibromialxia...)  pasen un fin de semana, dedicada a elas mesmas, compartindo experiencias nun ambiente lúdico.  O evento contará con charlas actividades e talleres dirixidos á saúde das mulleres, onde  tampouco pode faltar tempo o lecer e o tempo libre.  O prezo da convivencia é de 59 € o  cúal inclúe  autobus de ida e volta desde Cangas, Aloxamento en Réxime de pensión completa e as actividades que se van a desenvolver. Necesaria inscrición previa en  ADICAM, de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:00, ou  luns e martes tamén pola tarde de 17:00 a 19:00 ou no teléfono 986307158; a continuación achégase o programa coas actividades para desenvolver durante o fin de semana

  
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com