Boletín de Noticias

CLASES DE CABARÉ EN ADICAM

Actividades » CLASES DE CABARÉ EN ADICAM

07-10-2014 21:28

CLASES DE CABARÉ EN ADICAM (Asociación de diagnosticadas de cancro de mama do Morrazo)
CASA DA BOLA. Cangas.
Os mércores de 11:00 a 12:30 h (quenda de mañá)
Os mércores de 17:00 a 18:30 (quenda de tarde)
Matrícula: 18 € ao mes
Clase de mostra: MÉRCORES 8 DE OUTUBRO
Primeira sesión gratuíta.

OBXECTIVOS
Achegamento ao cabaré como xénero centrándonos na súa verquente máis coreográfica, pero dun xeito suave.
Xa que o cabaré podemos definilo como espazo, actitude, estética, megullarémonos nos aspectos interpretativos de cara a construír un movemento do máis desinhibido e libre.
Traballaremos a actitude centrándonos en potenciar as características individuais dentro do grupo, autoestima, seguridade, creación de grupo.
Preparación física, quencemento, autopercepción e coñecemento do corpo dende unha perspectiva cercana ao teatro-danza e á danza contemporánea.
Actitude. Movemento. Pasos. Estructuras. Movemento coral. Creación coreográfica. Improvisación.

Comezo da actividade a partir do 8 de outubro e ata maio de 2015.

Imparte: NELSON QUINTEIRO! Cangas. 1979.

Cantante, actor, bailarín, cabareteiro, guionista ou director de escena.

No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego.

Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré, e está a preparar a súa 8ª edición, que se celebrará na Coruña entre o 19 e 28 de setembre do vindeiro ano.

Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc... (+ Info en www.cabare3.org).
 
 
ANÍMATE A PROBAR GRATIS E SEN COMPROMISO O DÍA 8 DE MAÑA OU TARDE EN ADICAM !!!!

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com