Boletín de Noticias

Cambio de Hospital de referencia POVISA versus CHUVI

Actividades » Cambio de Hospital de referencia POVISA versus CHUVI

16-10-2014 13:35

Cambio de Hospital de referencia POVISA versus CHUVI (Instrución SERGAS 7/2014)

Como ben sabedes todos hai unhas semanas o SERGAS firmou un novo concerto co Hospital POVISA.
POVISA é referencia para atención especializada para algúns Centros de Saúde de Vigo e para os situados no Morrazo e Valmiñor; ata o de agora as persoas adscritas a estes centros tiñan sempre a referencia hospitalaria en POVISA pero desde o 1 de setembro pódese  optar por elixir a referencia da EOXI de Vigo sen necesidade de cambiar de médico de cabeceira, e dicir;  os usuarios destes Centros de Saúde  con referencia habitual en POVISA poderán elixir tamén a referencia hospitalaria no CHUVI, segundo as súas preferencias. Esta nova regulación está recollida na instrución  SERGAS 7/2014.
O prazo para exercer o dereito ao cambio (de POVISA á EOXI) está aberto ata o 30 de novembro de 2014  e pódese facer nos  Centros de Saúde ou no Servizo de Admisión do CHUVI.
Debemos coidarnos de regularizar a nosa situación, e cambiar, se así o desexamos,  a nosa referencia hospitalaria nos prazos indicados se queremos que o noso centro provisor de asistencia sanitaria sexa a EOXI de Vigo.
O proceso de cambio de referencia é sinxelo e inmediato, similar a un trámite de cambio de médico de cabeceira.
Engadir soamente que a partires do 1 de decembro, no Servizo de Admisión non se dará ningunha cita a ningún usuario que non pertenza á área de referencia do CHUVI e as citas, para calquera proceso, pendentes de ser realizadas serán anuladas.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com