Boletín de Noticias

Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Certamen de Arte » Anteriores - Certamen de arte ADICAM

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com
  • VII Certame de Arte ADICAM, " Lingua Galega, Lingua Materna"

    Xa esta convocado o VII Certame de Arte   ADICAM, co  título " Lingua  Galega,  Lingua Materna"

    Este ano como novidade e tendo que en conta que levamos xa 4 meses con sede en Pontevedra tamén se poderán entregar  as obras e recoller as bases na nosa sede na Casa Azul de Pontevedra ( Rúa Sor   Lucia   nº 4) os mércores de 10 a 14 Horas .

    Con respecto o Xurado este ano contamos como cada ano coa Decana da Universidade de Belas Artes  Silvia García (que acompaña á xunta directiva de  adicam  na fotografía ) como Presidenta do xurado, o Dr. José Luis  Bo Díaz  como secretario e na   Vocalia a Xunta directiva de  adicam  e a colaboradora Fina Graña

    Ademais este ano contamos co artista do   morrazo Manuel   Pizcueta

    Calquera cousa mais que precisedes non  dubidar en chamar.  

    Cada artista  poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non  puideron ser premiadas noutros certames. A única limitación dos traballos, será  o seu formato, que no seu lado máis longo non  poderá superar os 80 cm.

    As obras deben acompañarse dun sobre que o pseudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos  persoais.

    Para máis información   bótalle un ollo as bases.

  • I Certamen de arte ADICAM

  • II Certamen de Arte ADICAM “O lado feminino da vida”

    Invitámoste a participar no: II Certame de Arte "ADICAM"
    O tema do concurso versará en torno a "O lado feminino da vida"

    Participa!

    A participación está aberta a toda a poboación.

  • III Certamen de Arte ADICAM

    Te invitamos a participar en el:

    III Certamen de Arte “ADICAM”

    El tema del concurso versará en torno a “La Mujer, esencia de la vida”

    La participación está abierta a toda la población.

  • IV Certame de Arte ADICAM

    Xa comezou o prazo para a recepción de traballos para a participación do IV Certame de Arte "ADICAM" este coa temática "Muller universal".

    O prazo finaliza o 30 de setembro e podedes entregalos en ADICAM de luns a venres de 10 a13 h e o martes de tarde de 17 a 19 H

    PODEDES CONSULTAR AS BASES NO ARQUIVO AXÚNTO OU PASAR POR ADICAM NO CASO DE TER ALGUNHA DUDIDA

  • V certame de Arte Adicam

    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • VI certame de arte ADICAM 2017

    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.