Boletín de Noticias

actividades previstas para Octubre e inverno

Actividades » actividades previstas para Octubre e inverno

Cangas a 8 de agosto de 2012

Estimada soci@:

Unha vez mais poñémonos en contacto contigo para informarte das próximas actividades previstas para este inverno e para o mes de Outubro, no que celebraremos un ano mais o Día Internacional do Cancro de Mama (19 de outubro).

ACTIVIDADES PARA O INVERNO. *Imprescindible anotarse antes do comezo chamando ao 986307158 ou acudindo ao local de Cangas de 10:00 a 13:00h.

-PANDERETA: Todos os mércores a partir do 12 de setembro no noso local da Casa da Bola. O prezo é de 10 € ao mes por persoa.

-PILATES: Comezaremos en setembro cunha frecuencia de 2 días á semana. O prezo é de 18€ por persoa e se poden escoller os seguintes grupos:

-Pilates adapatado para pacientes oncolóxicos:

Martes e Xoves 9:00-10:00h

Luns e mércores de 19:00-20.00h.

 

-Pilates:

Martes e xoves de 10:00-11:00h

Luns e mércores de 20:00-21:00h.

 

-YOGA: Comezaremos en setembro  cunha frecuencia de 2 días á semana cun prezo de 20€ por persoa. Podes  escoller os seguintes grupos.

Martes e xoves de 9:00 a 10:00h

 

Luns e mércores de 19:45 a 21:00h.

 

-REFLEXOLOXÍA PODAL: Levarase a cabo os martes e xoves de 17:00 a 19:00h. Comeza o martes 4 de setembro e ten unha duración de 30h. O prezo total do curso é de 6€ por persoa e está subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do programa “Pensa en Ti” e aportarase diploma acreditativo. Neste caso é imprescindible anotarse antes do 24 de agosto.

-TALLER DE ABALORIOS E CALCETA: Xoves de 18:30 a 20:30h no  local de Casa da Bola. O prezo é de 15€ ao mes.

-TAI-CHI: Mércores de 20:00 a 21:00h no Ximnasio de Nazaret. Prezo 10€ ao mes.

-BAILE (Salsa, merengue, samba...): Venres de 20:30 a 21:30h no Ximnasio de Nazaret. Prezo 10€ ao mes.

-GANCHILLO: Xoves de 18:00 a 19:45h. O prezo é de 3 € ao mes.

-GIMNASIA DE MANTEMENTO: Esta actividade está organizada polo Concello de Cangas para socias de ADICAM empadroadas en cangas. Ainda non se abriu o prazo de inscripción pero podes ir anotándote e avisaremos ás persoas interesadas.

-CURSO DE ATENCIÓN DOMICILIARIA A PERSOAS DEPENDENTES: Organizado polo Centro de Estudios Forte para soci@s de ADICAM. Estamos formando un grupo. Podes chamar para solicitar mais información

-ASESORAMENTO DIETÉTICO: O día 13 de setembro  reanudamos as consultas con Ángela Gallego Asesora dietética e experta en reeducación alimentaria. Estas consultas son gratuitas para mulleres que estén pasando ou teñan pasado por un cancro de mama e se realizan no noso local de Cangas con cita previa.

-MEMORIA (por confirmar).

ACTIVIDADES OUTUBRO

A principios de outubro temos previsto poñer á venda o noso calendario para o 2013 que xa estamos confeccionando e no que as protagonistas serán as persoas que asistiron aos diferentes talleres e actividades realizadas durante este ano.

-O día 7 de outubro (domingo) celebraremos a nosa “IV MARCHA SOLIDARIA CAMIÑA CON ADICAM” sairemos andando de Bueu (10:00h) e de Moaña (10:15h) ata chegar a Cangas onde nos reuniremos diante da nosa sede na  Casa da Bola e daremos lectura a un manifesto. O propósito desta marcha é enviar unha mensaxe a mulleres que están pasando por un cancro de mama de optimismo “Si se pode” e recordar a aquelas que xa non están.

-O domingo 14 de outubro ás 19:00h no Auditorio Municipal do Concello de Cangas non podes faltar ao “PRIMEIRO DESFILE DE MODA ADICAMODA no que poderemos ver na pasarela deseños de Carla Avión, Raquel Kadula e Gloria Barcia de (Saias Ledas).

-Durante os meses de outubro e novembro no noso local contaremos cunha EXPOSICIÓN DE PINTURA coa temática “A mama e a imaxe corporal”, as obras expostas serán as que se presenten ao noso I Certame de Arte ADICAM, un concurso de pintura aberto a toda a poboación que remata o 30 de setembro. Para mais información npodes consultar as bases en en www.adicam.net

Os días 18 e 20 de 17:00 a 19:30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas levaremos a cabo as nosas “XI XORNADAS SOBRE CANCRO DE MAMA ORGANIZADAS POR ADICAM”, coa presenza de diferentes profesionais da menciña (oncólogos e xinecólogos) e dunha figura internacional. Ademais faremos público o nome do gañador ou gañadora do certame de arte ADICAM e presentaremos a curtametraxe “ADICAM as cores da vida”.

O sábado día 27 de Outubro en “Casa Mariano” en Moaña CEA-BAILE. A data límite para anotarse é o luns 22 de outubro e debes chamar primeiro por tf ou pasar polo local. Prezo por persona de 30€.

Seguimos co PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CANCRO DE MAMA PARA MULLERES MAIORES DE 70 ANOS. Unha vez á semana temos o pracer de contar coa presenza do Dr. Jorge Cameselle Teijeiro que realiza exploracións mamarias con cita previa a mulleres maiores de 70 anos.

Ademais, seguimos ofrecendo APOIO PSICOSOCIAL  gratuito a mulleres afectadas de cancro de mama e ás súas familias.

Por último, queremos aproveitar esta carta para agradecer públicamente a colaboración dos establecementos que se uniron á campaña “O Euro Solidario” doando un euro de cada compra á nosa asociación; Badum-Badero, O Zapato Chispón, Óptica Cangas e cafetería O Batel.

Tamén queremos agradecer a Hermanos Gandón, Frigiríficos do Morrazo, Montajes Hermanos Ramallo, a Yara e Ximnasio Di Som e a Camilo Otero a súa colaboración na elaboración dos chaveiros de Nó de Diamante. Ademais, enviamos un agradecemento moi especial a todos os nosos soci@s e colaboradores e aos artistas (Mer, Henrique, Manuel, Camilo…) e aos Concellos de Cangas, Bueu e Moaña e ás persoas que voluntariamente axudaron coas Exposicións que se están a levar a cabo na asociación.

XA TEMOS LOTERÍA DE NADAL, O NÚMERO É O DE SEMPRE 71.495.

Recibe unha aperta e anímate a camiñar con nós.A XUNTA DIRECTIVA.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012