Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

A Asociación Cacarexo premiou a ADICAM

Actividades » A Asociación Cacarexo premiou a ADICAM

20-12-2013 16:35

Este ano, a Asociación Cacarexo decidiu concederlle o seu premio anual a ADICAM. O acto de entrega vai ser mañán sábado 21 de decembro no Centro Cultural de Coiro ás 20:00 horas. Para nós é un acto que esperamos poder compartir con todos os socios e socias, xa que é un recoñecemento para todas as personas que desde os inicios ata a actualidade fixeron posible o camiño xa andado e o que nos queda por recorrer.

Felicidades a todas e todos

A XUNTA DIRECTIVA DE ADICAM

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012