VII Certame de Arte ADICAM, ” Lingua Galega, Lingua Materna”

Xa esta convocado o VII Certame de Arte ADICAM, co título ” Lingua Galega, Lingua Materna”

Este ano como novidade e tendo que en conta que levamos xa 4 meses con sede en Pontevedra tamén se poderán entregar as obras e recoller as bases na nosa sede na Casa Azul de Pontevedra ( Rúa Sor Lucia nº 4) os mércores de 10 a 14 Horas .

Con respecto o Xurado este ano contamos como cada ano coa Decana da Universidade de Belas Artes Silvia García (que acompaña á xunta directiva de adicam na fotografía ) como Presidenta do xurado, o Dr. José Luis Bo Díaz como secretario e na Vocalia a Xunta directiva de adicam e a colaboradora Fina Graña

Ademais este ano contamos co artista do morrazo Manuel Pizcueta

Calquera cousa mais que precisedes non dubidar en chamar.

Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non puideron ser premiadas noutros certames. A única limitación dos traballos, será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 cm.

As obras deben acompañarse dun sobre que o pseudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.

Para máis información bótalle un ollo as bases.

Comparte:

Facebook
Twitter

Novas relacionadas