Adicam recibiu por parte da Secretaria Xeral de emprego a aprobación dunha subvención para a contratación dunha auxiliar administrativo e dun psicólogo. Esta subvención para a contratación de dúas persoas en desemprego o longo dun ano e con 30h/semanais, permite a nosa entidade seguir mellorando a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro de mama/xinecolóxico e as das súas familias, o mesmo tempo o noso obxectivo con estos contratos é favorecer a inserción laboral das persoas desempregadas, darlle a oportunidade de aumentar a súa experiencia laboral e profesional no ámbito dos servizos sociais, promover o traballo en rede e en equipo para que poidan mellorar a súa empregabilidade, dar a posibilidade de iniciarse como profesionais das súas titulacións.
Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo ao 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades (ano 2025).
En ADICAM seguimos avanzando para acompañar, apoiar e fortalecer a quen máis o necesita. O Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política