Tras as vacacións de verán retomamos todas as actividades e propoñemosvos máis! Comezaremos en Vigo un Obradoiro de Desenvolvemento persoal onde trataremos de coñecernos mellor coa intención de saber como acadar os nosos obxectivos potenciando os recursos persoais que xa temos. Porque inda que as veces semelle o contrario, todas temos recursos propios.
O obradoiro terá lugar os mércores 1 e 8 e os venres 3 e 10 de Setembro de 10.30 a 12.30, Na rúa Oliva, nº 12. Será necesaria inscrición previa os números de teléfono: 986307158 / 629945925.

Subvención concedida: Axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións. Conselleria de política social e igualdade
📢 ADICAM continúa avanzando grazas ao apoio da Xunta de Galicia A nosa entidade foi beneficiaria da convocatoria SI437A – Axudas dirixidas ás asociacións de
