A vindeira semana comezaremos cun novo taller, esta vez un *Obradoiro de Autocoidado*. Dende ADICAM escoitamos continuamente as historias vitais de persoas que adoitan poñer o benestar dos seres queridos como máxima prioridade. É normal tratar de coidar dos nosos e sabemos facelo pero, sabemos sabemos como coidar de nós mesmas? Podemos facelo mellor? En que consistiría coidarse mellor?. Unha persoa que sabe coidar de sí mesma atópase con mais ánimo e enerxía para poder coidar dos demáis, por iso lanzamos este taller. Anímate a participar e empeza a atopar ese espazo que adicarte!O obradoiro terá lugar os mércores 15 e 22 e os venres 17 e 24 de Setembro de 10.30 a 12.30, na rúa Oliva, nº 12, en Vigo. Será necesaria inscrición previa os números de teléfono: 986307158 / 629945925.
Axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas
Adicam recibe unha subvención para o fomento de asociacionismo e participación das mulleres, cá cal pode solventar os seus gastos de mantemento dende outubro do