Tras as vacacións de verán retomamos todas as actividades e propoñemosvos máis! Comezaremos en Vigo un Obradoiro de Desenvolvemento persoal onde trataremos de coñecernos mellor coa intención de saber como acadar os nosos obxectivos potenciando os recursos persoais que xa temos. Porque inda que as veces semelle o contrario, todas temos recursos propios.
O obradoiro terá lugar os mércores 1 e 8 e os venres 3 e 10 de Setembro de 10.30 a 12.30, Na rúa Oliva, nº 12. Será necesaria inscrición previa os números de teléfono: 986307158 / 629945925.
Subvención Certame de Arte ADICAM. Mulleres pola Paz, cofinanciado pola Diputación de Pontevedra a través da liña para entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais
Un ano máis ADICAM recibe por parte da Deputación de Pontevedra unha subvención có fin de fomentar o arte e a cultura, e ensalzar a