Tras as vacacións de verán retomamos todas as actividades e propoñemosvos máis! Comezaremos en Vigo un Obradoiro de Desenvolvemento persoal onde trataremos de coñecernos mellor coa intención de saber como acadar os nosos obxectivos potenciando os recursos persoais que xa temos. Porque inda que as veces semelle o contrario, todas temos recursos propios.
O obradoiro terá lugar os mércores 1 e 8 e os venres 3 e 10 de Setembro de 10.30 a 12.30, Na rúa Oliva, nº 12. Será necesaria inscrición previa os números de teléfono: 986307158 / 629945925.

Subvención concedida Certame de Arte. Deputación de Pontevedra
Desde ADICAM estamos orgullosas de anunciar que o XV Certame de Arte “Mulleres que contan historias” conta co apoio da Deputación de Pontevedra. Grazas a
