ADICAM segue traballando con Arte, e como cada ano nestas datas anímate a participar no seu X Certame anual de Arte ADICAM (pintura e debuxo). Este ano a temática elixida para o Certame será “Muller científica”. Convidámoste a despregar a túa imaxinación e a participar neste concurso no que se entregarán tres premios de 300, 200 e 100 euros ás mellores obras. Podes entregar as túas obras (ata un máximo de 3) na nosa sede de Cangas de Luns a Venres (R/ Valentín Losada, 1 1º – Casa da Bola) e os mércores na sede de Pontevedra (R/ Benito Corbal, 47 Planta 3 Local 11) ata o 30 de setembro.As bases están dispoñibles nas sedes de ADICAM e tamén no noso Facebook, Instagram e na web www.adicam.net ou consultalas aquí. Participa e forma parte da nosa faceta máis artística.

Subvención prevención e loita contra o linfedema 2023. Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra un ano máis subvenciona o programa Prevención e Loita contra o Linfedema 2023 a través do servizo de igualdade, axudando a