Subvención Secretaria Xeral de emprego para a contratación dunha Psicóloga

Adicam recibiu por parte da Secretaria Xeral de Emprego a aprobación dunha subvención para a contratación dunha psicóloga por parte do programa de cooperación da Xunta de Galicia, o periodo de duración do contrato é de un ano a a xornada é de 30 h/ semanais.

A contratación da psicóloga no periodo estipulado, permitirá a entidade mellorar e ampliar os servizos ofrecidos os usuarios/as da asociación, e traballar para unha integración laboral das mulleres diagnosticadas, así como fomentar os hábitos saudables abogando pola prevención primaria fronte o cancro.

Seguimos traballando por mellorar a calidade de vida e a situación d@s nosas pacientes e as súas familias

Comparte:

Facebook
Twitter

Novas relacionadas