Dende ADICAM sabemos que un diasgnóstico de cancro non afecta só as persoas que están diagnosticadas, senon tamén a todo o seu entorno . É normal que intentemos ser e parecer fortes e coidar a persoa que ten o diagnóstico, pero todas as persoas podemos sentir medos, confusión ou pola contra realicemos unha nova aprendizaxe útil para a nosa vida e a dos demais.
Por iso queremos ofrecer un espazo de Apoyo e aprendizaxe mutuo no que poder compartir estas aprendizaxes ou preguntarnos dúbidas sobre como solventar situacións que xa lle puideron ter ocorrido a outras persoas.
Levaremos a cabo estes encontros os Luns 6, 13, 20 e 27 de Setembro de 17.00 a 20.00 na Rúa Oliva nº12, Vigo. Se crees que podes aprender dos demáis ou que aprendamos da túa experiencia, adiante!
Necesaria inscrición previa:
986307158 / 629945925