X Certame de Arte “Muller científica”

ADICAM segue traballando con Arte, e como cada ano nestas datas anímate a participar no seu X Certame anual de Arte ADICAM (pintura e debuxo). Este ano a temática elixida para o Certame será “Muller científica”. Convidámoste a despregar a túa imaxinación e a participar neste concurso no que se entregarán tres premios de 300, 200 e 100 euros ás mellores obras. Podes entregar as túas obras (ata un máximo de 3) na nosa sede de Cangas de Luns a Venres (R/ Valentín Losada, 1 1º – Casa da Bola) e os mércores na sede de Pontevedra (R/ Benito Corbal, 47 Planta 3 Local 11) ata o 30 de setembro.As bases están dispoñibles nas sedes de ADICAM e tamén no noso Facebook, Instagram e na web www.adicam.net ou consultalas aquí. Participa e forma parte da nosa faceta máis artística.

Comparte:

Facebook
Twitter

Novas relacionadas

Charla sobre autoexploración

📢 APÁLPATE! – 26 de maio A detección precoz está nas túas mans 💗Grazas á autoexploración sálvanse moitas vidas. 👉 Charla informativa sobre prevención do

Programa sobre saúde xinecolóxica

📢 Continuamos co programa Cancro Xinecolóxico e Saúde do Chan Pélvico 2026 cun novo obradoiro práctico! 👉 Obradoiro teórico-práctico de CHAN PÉLVICO en Pontevedra 🗓️ 18 de xuño |