Boletín de Noticias

X Xornadas sobre cancro de mama

Hemeroteca » Actividades 2011 » X Xornadas sobre cancro de mama

Cangas a 5 de Outubro de 2011

Estimad@ soci@:

 

ADICAM cumple xa 10 anos e con motivo deste décimo aniversario e da celebración do “Día Internacional do Cancro de Mama”, fixemos un programa de actividades no que nos gustaría que participases.

O venres día 14 de Outubro e o sábado día 15 terán lugar no Salón de Plenos do Cancello de Cangas ás  nosas “X Xornadas sobre cancro de mama”. O programa é o seguinte:

 


 

Por outra banda temos previsto que o 19 de outubro apareza nos xornais a portada do noso calendario para o 2012 no que quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas que nos acompañaron durante todo o proceso da enfermidade (fillos/as, amigos/as, pais, nais etc) e que estará á venda no noso local e nas mesas informativas o 19 de outubro en Vilagarcía e centros hospitalarios da provincia, o 20 en Marín e Bueu, o 21 en Cangas e o 22 en Moaña.

O día 21 no auditorio de Vilagarcía ás 19:00h terá lugar unha importante xornada para falar da Prevención e tratamento do cancro de Mama na que participará o cirurxán Dr Sanchez Nebra coa colaboración da Concellería da Muller do Concello de Vilagracía e na que ademais, se emitirá a curtametraxe “O mito de Venus”.

O Domingo 23 de Outubro, terá lugar a nosa III Marcha solidaria “Camiña con ADICAM” con saida do Concello de Moaña ás 10:00h (haberá camisetas á venda), parada en Cangas e chegada a Bueu ás 13:00h aproximadamente. Gustaríanos que participases xunto con amigos e familiares porque para nós é unha forma de enviar a todas as mulleres que pasaron están pasando ou pasarán por esta enfermidade unha mensaxe de alento e positividade.

Ademais o venres 28 de outubro a Escola de Salud do Balneario de Guitiriz organiza unha xornada adicada ao Linfedema e temos pensado pasar alí o venres e sábado, se che inmteresa podes chamarnos por teléfono ou pasar polo local para anotarte.

Un forte abrazo da Xunta Directiva.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com