Boletín de Noticias

VI Convivencia en feminino

Actividades » VI Convivencia en feminino

19-05-2019 13:40

Un ano máis xa esta aquí a nosa cita ineludible desde hai 6 anos, celebramos a VI Convivencia en feminino os próximos 7, 8 e 9 de xuño na residencia de tempo libre de panxón situada nas inmediacións da Praia de Patos. Ao longo desta fin de semana contaremos con actividades lúdicas, e con tempo libre para gozar da contorna, o noso obxectivo é crear un espazo onde as mulleres compartan experiencias, inquietudes e á súa vez teñan un lugar de desconexión. Prezo 60 euros, en réxime de pensión completa (inclúe dúas noites, traslados e actividades). Necesaria inscrición previa. Destinada a socias de ADICAM, así como a mulleres con enfermdades crónicas de calquera índole ( dibates, hipertensión, fibromialgía...). Para máis información non podes en poñerche en contacto connosco ;) CONTAMOS CONTIGO!

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com