Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Taller de autoestima

Actividades » Taller de autoestima

29-03-2017 16:18

Dende Adicam Informamosvos dun novo taller gratuito sobre autoestima, que terá lugar os días 4 e 6 de abril; na sede de Adicam (casa da bóla) . Non deixes pasar esta oportunidade, xa que será un taller moi dinámico. Terá unha duración de 4 horas, e realizaráse en dous días. Ademáis poderás decidir se vir pola mañá ou pola tarde. Os horarios son os seguintes: 

Martes 4 e xoves 6 de abril de 11:30 a 13:30 h se prefires asistir no turno de maña ou Martes 4 e xoves 6 de abril de 16:30 a 18:30h se prefires o turno de tarde. 

Non esquezas apuntarte chamando por teléfono ou na propia sede da asociación, xa que as prazas son limitadas.

Agardamosvos con moitas ganas. 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012