Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Subvención da Secretaría Xeral de Galicia

Actividades »  Subvención da Secretaría Xeral de Galicia

26-09-2016 15:47

Adicam recibiu da Secretaría Xeral de Galicia a probación dunha subvención para a contratación de dous traballadores desempregados dentro do programa operativo de Emprego Xuvenil .

Has persoas contratadas perteñecen o grupo de cotización 2 e o período de duración  dos contratos será de sete meses en xornada completa.

Co apoio financiero da Unión Europea

A posibilidade de contar con estes dous traballadores durante este período de tempo permitirá a entidade mellorar e ampliar os servizos que actualmente se ofrecen dende a nosa Asociación de pacientes. Fomentar os hábitos saudables coa necesidade de traballar a prevención primaria fronte o cancro. 

Seguimos traballando por mellorar a calidade de vida e a situación d@s noso pacientes e as súas familias

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012