Boletín de Noticias

Presentación do libro "A solas conmigo"

Actividades » Presentación do libro "A solas conmigo"

12-12-2018 20:11

Dende Adicam  queremos informarvos  que este venres día 14 terá lugar na sede da asociación, situada na Casa da Bola, a  presentación do libro de Carmen Abizanda co titulo "A  solas conmigo" .

Nel narra a súa historia có Cancro de Mama .

O evento comezará as 19 horas e intervirán a Presidenta de Adicam Olga Sotelo, o actor Santiago Prego, o editor Julio Fernandez ,e a dramaturga Laura Porto que lerá o  texto da citada obra .

Un pouquiño máis sobre a autora:

Carmen Abizanda é escritora, periodista, actriz, dramaturga  e profesora de Literatura Dramática da ESAD- Escola Superior de Arte Dramático de Vigo, gustaríalle  moito contar coa vosa presencia, este venres día 14

Entrada libre e gratuíta

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com