Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

O que debes saber sobre o LINFEDEMA

Documentación » O que debes saber sobre o LINFEDEMA

 

O que debes saber do
LINFEDEMA
 
¿Que e un Linfedema?

É un acúmulo de líquido linfático polo deterioro do sistema de drenaxe, xa sexa conxénito, adquirido ou provocado, a súa consecuencia é un aspecto inflamado, engrosado ou de aumento dese volume nun membro ou parte del.
O líquido linfático está constituído polos elementos proteicos, é dicir, elementos máis densos ca os que son transportados polo sangue venoso, provocando unha dificultade de transporte que dá lugar a unha situación clínica de acumulación deste líquido en diferentes localizacións.

¿Porqué se produce?

O linfedema orixínase cando a cantidade de líquido linfático que debe ser transportado non dispón dos camiños suficientes para que se realice con normalidade. Pode ser de forma conxénita ou provocada por alteracións como as infeccións, ou provocadas por tratamentos cirúrxicos e radioterápicos como os que se realizan nas intervencións de cancro de mama ou xenital nas que se retira parte da estructura linfática.

¿Pódese previr o Linfedema?

E moi difícil previr a aparición do linfedema, pero si se poden evitar algunhas das circunstancias que favorecen que apareza, se se coñece a posibilidadede que se produzan despois das intervencións cirúrxicas na mama e no aparato xenital feminino, sobre todo cando se aplican tratamentos radioterápicos despois das mencionadas intervencións.
 

¿Ten tratamento?

O tratamento do linfedema está actualmente moi consensuado entre os médicos especialistas que se dedican a este tema. É un tratamento fundamentalmente conservador, rara vez cirúrxico, que se basea na aplicación de:
 

1. Medidas hixiénico-dietéticas
2. Exercicios
3. Medidas compresivas
4. Drenaxe linfático manual
5. Presoterapia
6. Medicación linfotropa


1. MEDIDAS HIXIÉNICO-DIETÉTICAS
Son fundamentais na prevención e para actuar en contra do agravamento do linfedema, sobre todo se é lixeiro e de volume moderado. Hainas de tipo xeral, que se aplican de forma independente da localización do linfedema. Outras medidas póñense en xogo en función da afección e adaptadas á vida cotiá sexa domiciliaria ou laboral. Dánselles por escrito as indicacións que deben respectar.
 

1.1 MEDIDAS HIXIENICO-DIETÉTICAS XERAIS
Alimentación pobre en calorías e sal, para evitar un aumento de peso e retención de líquidos. Os rexímenes ricos en celulosa evitan o estrinximento. É imprescindible coidar o exceso de peso.
Hixiene e limpeza corporal meticulosa con xabóns de pH neutro para evitar infeccións. Deportes con moderación, para favorecer a movilización do tipo de natación, bicicleta e, sobre todo, andar. Neste sentido é importante evitar a sobrecarga de exercicio. Evitar a exposición directa ó sol, a calor ambiental e sobre todo os baños quentes. Está contraindicada a sauna na maioría dos casos.
Teremos especial coidado o curtar as unllas, non curtar as cutículas. Non aplicar cremas e pomadas que poidan producir alerxía ou irritación. Fuxir de riscos de trabadelas ou rabuñazos de animais domésticos, picaduras de insectos...
Prohibidas as inxeccións na extremidade de rego ou con linfedema.


1.2. MEDIDAS HIXIÉNICO-DIETÉTICAS DE MEMBROS INFERIORES
Posición en elevación dos membros inferiores sempre que sexa posible. Elevar os pés na cama de forma sistemática, é dicir, realizar drenaxe postural nocturno diario.
Evitar manter as posturas sentada ou de pé de forma prolongada. Evitar- marchas longas.
Utilizar calzado cómodo, amplo, evitando as estreiteces tanto do zapato como de calcetíns ou medias con elésticos moi apretados.
Escoller tacóns intermedios, nin demasiado altos , nin demasiado baixos.


1.3. MEDIDAS HIXIÉNICO-DIETÉTICOS DE MEMBROS SUPERIORES.
Evitar cargas pesadas no lado afectado.
Non manter as posturas en flexión de forma prolongada.
Non utilizar, ou evitar efectos compresivos, xoias no lado afectado (como pulseira, reloxo, anel..)
No caso das pacientes mastectomizadas, con próteses externas, o uso do suxeitador con tirantes anchos que eviten bloqueos linfáticos é preceptivo. De todas formas o material ortopédico actual está perfectamente homologado para cubrir os aspectos estéticos e funcionais neste problema e non teñen que xurdir dificultades engadidas en ningún caso.


2. EXERCICIOS
A actividade física moderada e dirixida é imprescindible como elemento que activa a circulación linfática. Realizarase a cotio e axustándose a normas aprendidas nun Servicio de Rehabilitación.

3. MEDIDAS COMPRESIVAS
O emprego de vendaxes de compresión-contención é moi importante a fin de actuar en contra do crecemento de linfedema e endurecemento do mesmo. O seu emprego diario é moi importante para o resto de actuacións que desenvolvemos en contra do linfedema. Maior efectividade e comodidade atopamos nas medias, prendas elésticas feitas a medida ou de tipo estándar, que permiten manter mellor o mesmo grao de presión e resulta máis fácil que aprender a vendarse.


4. DRENAXE LINFÁTICO MANUAL
Trátase dun tipo de masaxe moi especial, xa que a forma de realizalo é completamente diferente do resto das masaxes terapéuticas. Ten indicacións e contraindicacións que deben ser establecidas polo Médico Rehabilitador. Realízase en forma de tandas (1 ou 3 anuais segundo evoluciona o proceso). Debe ser realizado por un Fisioterapeuta titulado, experto e adestrado nestas técnicas.


5. PRESOTERAPÍA
A compresión forzada da extremidade linfedematosa precisa duns aparatos especiais. Tamén o seu emprego é baixo a supervisión do médico e en forma de tandas, que se combinan coa drenaxe para obter o máximo de beneficio.


6. MEDICACIÓN LINFOTROPA
Poucas posibilídades aportan os medicamentos, algúns productos denominados linfotropos porque estimulan selectivamente a circulación linfática, utilízanse como complemento do tratamento físico.

¿Cómo se fai e para que serve o tratamento?

O modo correcto de tratar o linfedema esixe unha avaliación do membro afectado. É importante a absoluta colaboración do paciente que debe asumir a súa parte no tratamento, por que en grande medida , o éxito vén dado polos coidados diarios que debe realizar utilizando medios compresivos, facendo os exercicios e cumprindo as medidas hixiénico-dietéticas. A realización de tandas de tratamento realizadas no medio clínico baixo o control dos profesionais sanitarios complementan, xunta coa medicación o tratamento combinado do linfedema.
Linfedema. A única maneira de conseguir resultados é utilizando todo o conxunto de medidas, ningunha delas é efectiva á marxe das demais. Manter e, no posible reducir o volume do membro afectado é o obxectivo do tratamento.
Outro obxectivo é manter a función e utilidade. Finalmente, o tratamento combinado actúa previndo as posibles complicacións que poden xurdir na evolución do linfedema.

 

 

 

NomeTamañoData
icor_linfga.pdf

O que debes saber sobre o LINFEDEMA

438.65 KB08-03-2016 17:12
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012