Boletín de Noticias

O que debes saber da RADIOTERAPIA

Documentación » O que debes saber da RADIOTERAPIA

 

O que debes saber da
RADIOTERAPIA
 
¿Que e a Radioterapia?


O tratamento radioterápico consiste na administración de radiacións ionizantes, producidas a partir dunha fonte de cobalto, acelerador lineal, ou ben mediante un isotopo, para destruír as células tumorais localizadas a nivel da glándula mamaria ou a nivel dos ganglios linfáticos próximos a ela.

1. RADIOTERAPIA EXTERNA: cando a fonte productora de radiación está a certa distancia do paciente, esta modalidade representa a gran maioria de tratamentos. Segundo a modalidade de administración pódese dividir en:

A) RADIOTERAPIA POSTOPERATORIA: é aquela que se realiza despois da mastectomía, para evitar a reaparición local na parede torácica ou ben ganglios próximos.
B) RADIOTERAPIA RADICAL: é aquela empregada no tratamento conservador , cando se pode evitar a extirpación de toda glándula mamaria e soamente se efectúa a extirpación do nódulo e unha pequena porción de glándula mamaria, esta modalidade de tratamento implica a administración de doses de radiación máis alta, cunha duración maior de tratamento.
C) RADIOTERAPIA PALIATIVA: chámase así o tratamento mediante radioterapia de reaparicións locais ou a distancia.

2. RADIOTERAPIA INTERNA: é a tecnica que utiliza as radiacións ionizantes producidas por isotopos radioactivos en forma de agullas ou fios, colocados no seo do tumor. Esta técnica en ocasións complementarias á radioterapia externa.


 

¿Canto dura un tratamento radioterápico?


Soe ter unha duración media de 4-5 semanas.
O tratamento con radioterapia será diario e durante uns poucos minutos, non será necesaria a hospitalización, puidendo realizar todo o tratamento ambulatoriamente
.


 

¿Qué síntomas non se van producir?


• Co tratamento de radioterapia non se produce nunca caída do pelo.
• Non se producen vómitos, ainda que nun pequeno porcentaxe de pacientes se manifestan diminución do apetito e certa sensación de náuseas.
• Unha persoa despois do tratamento con radioterapia non é portadora de radioactividade.
• Durante o tratamento non se produce dor.

 

 

NomeTamañoData
icor_radioga.pdf

O que debes saber da RADIOTERAPIA

292.08 KB08-03-2016 17:12
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com