Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Novo taller de RISOTERAPIA

Actividades » Novo taller de RISOTERAPIA

05-05-2016 17:47

Novo taller de RISOTERAPIA en ADICAM, o xoves día 12 de maio ás 17 horas na Casa da Bola.

Estará impartido por Celia Fernández Requejo e o doutor Jorge Cameselle.

O prezo do taller é de 3 euros. Prazas limitadas, inscripción previa no 986307158 ou na sede de Adicam de luns a venres de 10 a 13 e martes de 17 a 19 horas.

"O DÍA PEOR EMPREGADO É AQUEL EN QUE NON SE RIU".

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012