Boletín de Noticias

Muller universal

Actividades » Muller universal

05-11-2015 21:42

Adicam enxalza a figura feminina coa exposición “Muller Universal”

A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama queren poñer en valor o papel feminino cunha nova exposición que verá a luz o vindeiro venres. O cuarto certame de pintura de Adicam quere poñer en valor a figura da muller de mánoa da arte e desde a asociación animan a que as veciñas e veciños de Cangas participen no acto inaugural, previsto para mañá, venres, ás oito e cuarto da tarde.

Ao evento irá o profesor da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, Juan Carlos Meana Martínez, e o médico do PAC e graduado en Belas Artes José Luis Bueno Díaz, así como o escultor e pintor Lito Portela.

Desde Adicam lembran o gran esforzo que esconde cada obra de arte e o destacado papel da muller, protagonista principal deste novo certame que se suma ás múltiples actividades propostas desde o colectivo.

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012