Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Mes do Linfedema en ADICAM

Actividades » Mes do Linfedema en ADICAM

02-05-2016 23:36
Lugar: Sede de ADICAM. Casa de la Bola.
C/Valentín Losada 1-1º, Cangas de Morrazo 
Dirixido a pacientes, familiares, coidadores, profesionais e poboación en xeral.
Obxectivo: Mellorar a información e comprensión da enfermidade para mellorar a calidade de vida dos pacientes, familiares, e tamén da poboación xeral. 
Dotar de coñecementos e habilidades sobre coidados e autocoidados a pacientes, familiares e coidadores. A importancia de facer seguimento no Cancro de Mama e da rehabilitación .
 
9 de maio ,18:00H.: “Taller de prevención de linfedema”.   
Viki Cebreiro Calviño. Fisioterapeuta Clínica Fisioterapéutica Nove 
 
23 de maio,  18:00 H : “Coidados e autocoidados  no cancro de mama” 
Ermitas Davila Casal. Enfermeira da EOXI de Vigo 
 
30 de maio, 18:00 H :  “Seguimento e rehabilitación do cancro de mama” 
Dra. Mª Xosé Lamas González.  Facultativo especialista en Xinecoloxía da EOXI de Vigo 
Amparo García Alfaro. Fisioterapeuta EOXI de Vigo 
 
*EOXI: Estructura Organizativa de Xestión Integrada. 
 

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012