Boletín de Noticias

Noticias
  • Vi-certamen-pintura-adicam-1-pequena.jpg

    VI certame de arte ADICAM 2017

    17-06-2017 12:41
    Xa está convocada a sesta edición de arte ADICAM, co lema de "Oficios da muller galega como patrimonio inmaterial de Galiza".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 29 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

MANIFESTO de ADICAM sobre ó Hospital Álvaro Cunqueiro

Actividades » MANIFESTO de ADICAM sobre ó Hospital Álvaro Cunqueiro

25-09-2015 15:43

MANIFESTO  de ADICAM con referencia ó Hospital Álvaro Cunqueiro

Dende Adicam, como Asociación de Diagnosticados e familiares de persoas afectadas por  cancro de mama, queremos recoller a nosa máis firme  desconformidade  coas condicións nas que se ten posto en marcha o Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Como Asociación que defende e representa os intereses das persoas diagnosticadas de cancro e as súas familias, debemos denunciar o noso descontento na redución de dereitos  sociais e sanitarios  d@s nos@s soci@s.

Queremos denunciar a  falta de información, o caos organizativo e a escaseza de recursos, así como o abuso que se fai no cobro de servizos necesarios,  que nunha sanidade pública e gratuíta non deberían ser remunerados.

Demandamos que se facilite o traballo dos profesionais para que a atención sanitaria que reciban os pacientes sexa adecuada as súa necesidades.

Dende ADICAM e en nome dos nosos pacientes e soci@s solicitamos un parking gratuíto para toda persoa, pero especialmente para pacientes que están en tratamento tanto de quimioterapia como de  radioterapia que se ven obrigad@s a acudir con gran frecuencia ás instalacións do citado hospital e que supón un alto custo económico, independentemente da súa situación económica.

Non aceptamos bonos nin contraprestacións ó pago de parking; os pacientes de cancro de mama, usuarios do hospital demandan e esixen a gratuidade do parking do centro hospitalario, así como un transporte público axeitado as necesidades que requiren os usuarios da zoa do Morrazo.

Con este comunicado  unímonos e damos o noso apoio ás reivindicacións dos distintos colectivos que  se están levando a cabo na zona para loitas por unha sanidade pública e gratuíta real.

CANGAS A 25 de Setembro de 2015

NomeTamañoData
icoCOMUNICADO de ADICAM con referencia al Hospital Álvaro Cunqueiro.doc
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012