Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Construcción relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato

Actividades » Construcción relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato

08-02-2016 16:35

ADICAM informámosvos dun novo Obradoiro Práctico, titulado: "Construcción relacións afectivas e vínculos amorosos para o bo trato". Será impartido por Tareixa Ledo Regal, dará comezo o xoves 3 de marzo e terá unha duración total de 8 xornadas cun horario de 17:00 a 20:00 h, na casa da Bola. O coste total do obradoiro será de 50€. As prazas serán limitadas, imprescindible inscripción previa.Inscripción e información chamando o tlf. 986307158 ou na casa da bola.

Fechas das xornadas:

Xoves 3 de Marzo

Xoves 17 de Marzo

Xoves 31 de Marzo

xoves 7 de Abril

Xoves 21 de Abril

Xoves 5 de Maio

Xoves 19 de Maio

Xoves 2 de Xuño

Para maís información acercadevos a casa da bola pola maña de 10 a 14 todolos dias e pola tarde de 17 a 19. Excepto esta semana de carnavais que non estaremos en horario de tarde.

NomeTamañoData
icoCartel Tareixa NOVO_opt.pdf

Cartel con programación Tereixa Novo

498.82 KB08-03-2016 16:43
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012