Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Colaboración de Adicam coa Biblioteca de Aldán no seu programa de préstamo colectivo

Actividades » Colaboración de Adicam coa Biblioteca de Aldán no seu programa de préstamo colectivo

12-03-2014 23:16

ADICAM COLABORA COA REDE MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS DE CANGAS NO SEU PROGRAMA DE

PRÉSTAMO COLECTIVO

Dentro do programa de dinamización das bibliotecas municipais e fomento da lectura en xeral, estamos colaborando nunha iniciativa  de préstamo bibliotecario.

Dende as bibliotecas municipais tentan achegar a lectura aos usuarios de distintos colectivos e asociacións (entre elas ADICAM) para facilitar o acceso á lectura aos seus asociados.

Para solicitar algún libro, pasade pola sede da asociación na Casa da Bola en horario de atención ó público.


PRÉSTAMO COLECTIVO BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALDÁN

 

  • Aguas caídas: fervenzas de Galiza
  • Microsoft Word 2000
  • Utilización de ferramentas ofimáticas
  • Guía de visita do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas
  • Cancioneiro Popular Galego para a clase de música
  • Os vellos oficios
  • Guía de embarcacións tradicionais galegas
  • La poda
  • La buena suerte
  • Sopas frías e quentes
  • Aperitivos e tapas
  • Mis recetas favoritas
  • Postres de fruta
  • Mucho pescado, ninguna espina
  • Bonsáis tradicionales
  • Bonsáis ornamentales
  • Daquelas que cantan
  • Do Courel a Compostela
  • El médico de Ifni
  • La biblia de barro
  • Nuevos amores
  • La vida privada de los Seymour
  • La luna del cazador
  • La soledad de los números primos
  • El bufón y la reina
  • Conspiración Octopus
  • La voz dormida
  • Cumbres borrascosas
  • O neno do pixama a raias
  • La elegancia del erizo
  • Tierra firme
  • Bajo el sol de Kenia
NomeTamañoData
icoPRÉSTAMO COLECTIVO BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE ALDÁN.doc
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012