Boletín de Noticias

Carta de Enero 2011

Hemeroteca » Actividades 2011 » Carta de Enero 2011

Cangas,20 de xaneiro de 2011
Estimad@ soci@:
Empezando o ano, poñémonos en contacto contigo para facerte partícipe das actividades que temos programadas:
Entre as actividades que continúan e que aínda podes anotarte están:
- Tai-Chi de 20:30 a 21:30h os mércores no pavillón de Nazaret. A cuota é de 10 euros mensuais. Esta é unha actividade que facemos en colaboración con Amas de Casa e Fundación Cangas Deporte.
- Bailes de salón de 20:30 a 21:30 h os venres no pavillón de Nazaret. A cuota é de 10 euros mensuais. Esta é unha actividade que facemos en colaboración con Amas de Casa e Fundación Cangas Deporte
As novas propostas para este ano que comeza son:
- Con motivo do día mundial contra o cancro a escola de saúde do balneario de Guitiriz organiza una Xornada o venres 4 de febreiro “A atención integral ó paciente oncolóxico”. Desde ADICAM aproveitamos a ocasión para quedar a durmir e disfrutar do seu programa termal durante a xornada do sábado día 5. Polo tanto si estás interesad@ en asistir á xornada e compartir o sábado con nós podes anotarte chamando ó 986307158 en horario de 10 a 12 antes do luns 31 de xaneiro. Esta é unha actividade aberta para todos os socios que ten un custo por persoa de 55 euros (inclúe viaxe de ida e volta en autobús con saída de Cangas o venres 4 sobre as 3 da tarde e volta o sábado día 5 pola tarde-noite, asistencia á xornada venres 4 de febreiro de 5 a 8:30 da tarde, estancia de hotel en habitación doble no Hotel-Balneario de Guitiriz, desayuno buffet e club termal,
- Taller de sexualidade para homes o último fin de semana de febreiro impartido por Pilar Ribes Llovet (sexóloga e psicóloga na Unidade de Mama do Hospital Arnau de Lleida). Para anotarse chamade ó teléfono da asociación ou pasade polo local
- Curso de cociña vexetariana: as persoas interesadas, poñédevos en contacto coa asociación no teléfono 986 307158 para informarvos dos horarios e custo
Este ano vanse volver poñer en marcha os talleres de relaxación e de formación para a axuda en cancro de mama (xa sabedes que tendes que chamar para inscribirse e que as data de comezo e horarios van depender dos grupos que se formen)
Tamén se vai facer unha saída en kayak pola ría de aldán coa colaboración de Guías Malouco, apto para tod@s. Está previsto que sexa en marzo, dependendo da climatoloxía. E fundamental anotarse
Xa podes pasar por ADICAM a recoller o teu carné de soci@ e o listado de establecementos colaboradores.
E recordar que aquí vos esperamos os primeiros venres de mes para compartir un café, unha charla, uns chistes...
Un abrazo afectuoso e xa sabedes que para máis información podedes chamar ó 986 307158 ou pasar polo local.
ADICAM
  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com