Boletín de Noticias

Noticias
  • V certamen de pintura-pequeno.jpg

    V certame de Arte Adicam

    11-04-2016 14:59
    Xa está convocada a quinta edición de arte ADICAM, co lema de "A muller galega de Castelao".
     
    O prazo para a presentación de traballos está xa aberto e os interesados dispoñen ata o 30 de setembro para entregar as súas obras.
     
    O xurado estará formado por unha representante da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, directivas de Adicam, o debuxante e artista Luís Davila e o médico do PAC e graduado en Belas artes José Luis Bueno Díaz. Cada artista poderá presentar un máximo de tres obras, que teñen que ser orixinais e non poden haber sido premiadas en ningún outro certame. A única limitación dos traballos será o seu formato, que no seu lado máis longo non poderá superar os 80 centímetros.
     
    As obras terán que presentarse na sede de Adicam (na Casa dá Bóla, na rúa Valentín Losada). Debe acompañarse dun sobre co pesudónimo do autor no exterior, mentres que no interior deben figurar os datos persoais.
  • Anteriores - Certamen de arte ADICAM

Carta 25/04/2012

Actividades » Carta 25/04/2012

Cangas a 25 de abril de 2012

Estimad@ soci@:

Unha vez mais poñémonos en contacto contigo para informarte das próximas actividades que temos previstas e nas que esperamos que participes.

-Continuamos co Taller de complementos de moda realizados con cristales de Swarovski” todos os xoves de 18:30 a 20:30h.Podes anotarte cando queiras.

-Continuamos co “Curso de Pandereta”, os mércores de 19:00 a 20:00h cun coste de 10€ ao mes.

-Podes asistir a “Aqua Gymm” con desconto por ser socia de ADICAM tanto no centro Aqua 2o como no centro Atlantic. Para consultar horario e prezos debes chamar alí.

-“Curso de Iniciación á Informática comeza o martes 22 de Maio de 10:00 a 12:30h e remata o martes 26 de xuño (todos os martes). O curso será impartido pola nosa Traballadora Social Lucía Sotelo e ten carácter gratuito para soci@s de ADICAM. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 22 de maio.

-Os venres 11 de maio, 25 de maio e 29 de xuño de 17:30 a 19:00h “Taller de Risoterapia”, impartido por Rosi Figueroa e cun coste de 5 euros por persona.

-Venres día 4 de maio, aproveitando o “café da amizade”, contaremos cunha mostra de productos ortopédicos e de baño coa colaboración dunha ortopedia.

- O luns 7 de maio, Charla sobre Ximnasia Abdominal Hipopresiva ás 18:00 horas no noso local da Casa da Bola (entrada libre e gratuita).

-O luns día 14 de maio ás 18:00h “Mostra de prótesis capilares e pelucas” a cargo de representantes do centro Únikos.

- Venres 8 de xuño, “Charla sobre Terapias Alternativas e/ou Complementarias á Medicina Convencional” ás 18:00 horas no noso local.

-En breve queremos comezar un “Taller de Memoria” e un Taller de Reflexoloxía Podal, se estás interesada chama para informarte ou pasa polo local.

E si falamos de combinar formación e ocio… temos previsto acudir a dous eventos:

-          “Curso de verán da USC  no Balneario de Guitiriz” do 16 ó 18 de xullo

-          Curso da UIMP” en Málaga os días  28 e 29 de xuño.

As personas interesadas en calquer actividade poden chamar ao 986 30 71 58, mandarnos un correo a adicam@terra.es ou pasar polo local para informarse das programacións e prezos.

Un saúdo.

 A XUNTA DIRECTIVA DE ADICAM.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012