Boletín de Noticias

Actividades previstas para este outono/inverno

Actividades » Actividades previstas para este outono/inverno

06-09-2013 13:10

Cangas a 8 de agosto de 2013

Estimada soci@:

Unha vez mais poñémonos en contacto contigo para informarte das próximas actividades previstas para este inverno e para o mes de Outubro, no que celebraremos un ano mais o Día Internacional do Cancro de Mama (19 de outubro).

ACTIVIDADES PARA O INVERNO. *Imprescindible anotarse antes do comezo chamando ao 986307158 ou acudindo ao local de Cangas de 10:00 a 13:00h.

-PANDERETA: Todos os mércores de 19:00h  a 20:00h a partir de outubro no noso local da Casa da Bola. O prezo é de 15 € ao mes por persoa.

-PILATES: Comezaremos en setembro cunha frecuencia de 2 días á semana. O prezo é de 18€ por persoa e se poden escoller os seguintes grupos:

-Pilates adapatado para pacientes oncolóxicos:

Martes e Xoves 9:00-10:00h

Luns e mércores de 19:00-20.00h.

 

-Pilates:

Martes e xoves de 10:00-11:00h

Luns e mércores de 20:00-21:00h.

 

-YOGA: Comezaremos en setembro  cunha frecuencia de 2 días á semana cun prezo de 23€ por persoa. Podes  escoller os seguintes grupos.

Martes e xoves de 9:00 a 10:30h

 

Martes e Xoves de 19:00 a 20:30h

 

-TALLER DE ABALORIOS E CALCETA: Xoves de 18:30 a 20:30h no  local de Casa da Bola. O prezo é de 15€ ao mes.

-TAI-CHI: Mércores de 20:30 a 21:30h no Ximnasio de Nazaret. Prezo 10€ ao mes.

-BAILE (Salsa, merengue, samba...): Venres de 20:30 a 21:30h no Ximnasio de Nazaret. Prezo 10€ ao mes.

-PUNTO DE CRUZ: Mércores de 11:00 a 12:00h. O prezo é de 3 € ao mes. Comeza en outubro.

-GIMNASIA DE MANTEMENTO: Esta actividade está organizada polo Concello de Cangas para socias de ADICAM empadroadas en Cangas. Ainda non se abriu o prazo de inscripción pero podes ir anotándote e avisaremos ás persoas interesadas.

-ASESORAMENTO DIETÉTICO: Con Ángela Gallego Asesora dietética e experta en reeducación alimentaria. Estas consultas son gratuitas para mulleres que estén pasando ou teñan pasado por un cancro de mama e se realizan con cita previa os xoves pola tarde.

-EXCURSIÓNS: Antes de que remate o ano temos previstas dúas excursións, nunha percorreremos  o Conxunto histórico de Redondela: Camiño de Santiago, Praia e porto de Cesantes e illa de San Simón, cun prezo por persona de 10 euros e outra das excursións previstas será a un Balneario cun prezo de 20 euros por persoa, ambos prezos inclúen comida. Ainda non temos confirmadas as datas pero xa podes ir anotándote.

-CHARLAS: Cada primeiro martes de mes ás 18:00h no noso local de Cangas e con entrada libre organizaremos charlas sobre diferentes aspectos que afectan á saúde. O día 8 de outubro reanudaremos estas charlas con unha titulada “Suelo pélvico na muller”.

-EXPOSICIÓNS: O horario para visitar as diferentes Exposicións que terán lugar no noso local de Cangas será luns, mércores e xoves de 17:00 a 19:00h e polas mañás os xoves de 11:00 a 13:00h. As inauguracións faranse os venres a partir das 20:30h.

-PINTURA: Temos previsto realizar esta actividade no noso local de Cangas os venres de 18:00 a 20:00h por un prezo de 18 euros ao mes. Comezaremos en outubro.

-CURSO TÉCNICAS DE MASAXE TERAPÉUTICO: Este curso terá unha duración de 30h e está organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do seu programa “Pensa en Ti”. Levarase a cabo no noso local de Cangas a partir de Outubro e o prezo por persoa será de 6 euros. O horario previsto será luns e venres de 10:00 a 12:00h.

-REIKI: Os martes de 11:00h a 13:00h no noso local de Cangas levaranse a cabo “Terapias individuais de Reiki” por Mariví Galdo. As sesión realizaranse con cita previa e terán un prezo de 10€ para pacientes oncolóxicas e 20€ para socios en xeral.

-TALLER DE RELAXACIÓN E SAÚDE: Os martes de 17:30 a 19:00h (Excepto o primeiro martes de mes). Este taller será impartido por Gemma Max Rodríguez Educadora Social e o prezo por persona será de 18 euros ao mes. Comezará en Outubro.

ACTIVIDADES OUTUBRO *A programación de outubro é provisional, para recoller a programación definitiva consulta a nosa web, facebook ou pasa polo noso local a principios de outubro.

A principios de outubro presentaremos o noso calendario para o 2014 que xa estamos confeccionando e no que as protagonistas serán mulleres que pasaron por un diagnóstico de cancro de mama.

-O día 19 de Outubro celebraremos unha “XORNADA DE PORTAS ABERTAS” na nosa sede de Cangas con diferentes talleres, proxeccións de películas e documentais e a presenza de diferentes profesionais da saúde. Ademais os días 9, 11 e 22 de Outubro levaremos a cabo tres talleres prácticos sobre temas relacionados coa saúde.

 -O día 20 de outubro (domingo) celebraremos a nosa “V MARCHA SOLIDARIA CAMIÑA CON ADICAM” sairemos andando de Bueu (10:00h) e de Moaña (10:15h) ata chegar a Cangas onde nos reuniremos diante da nosa sede na  Casa da Bola e daremos lectura a un manifesto. O propósito desta marcha é enviar unha mensaxe de ánimo a mulleres que están pasando por un cancro de mama.

-Os días 25 e 26 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Cangas levaremos a cabo as nosas “XII XORNADAS SOBRE CANCRO DE MAMA ORGANIZADAS POR ADICAM”, coa presenza de diferentes profesionais da medicina e dunha figura internacional. Ademais faremos entrega do II Premio Especial ADICAM.

O sábado día 2 de Novembro  CEA-BAILE. Ainda non temos elexido o restaurante nin o menú pero xa podes anotarte.

Seguimos co PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CANCRO DE MAMA PARA MULLERES MAIORES DE 70 ANOS. Unha vez á semana temos o pracer de contar coa presenza do Dr. Jorge Cameselle Teijeiro que realiza exploracións mamarias con cita previa a mulleres maiores de 70 anos.

Ademais, seguimos ofrecendo APOIO PSICOSOCIAL  gratuito a mulleres afectadas de cancro de mama e ás súas familias.

Recibe unha aperta e anímate a camiñar con nós.

A XUNTA DIRECTIVA DE ADICAM.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com

Visitas desde el 18/03/2012