Boletín de Noticias

Actividades 2012

Actividades » Actividades 2012

Cangas a 25 de xaneiro de 2012

 

Estimad@ soci@:

Por primeira vez neste novo ano que comezamos a andar, queremos informarte das próximas actividades que temos previstas e nas que esperamos que participes.

-O venres día 3 de febreiro compartiremos, no noso local de sempre e por última vez, a nosa tarde de café a partir das 17:30h.

-O día 17 de febreiro contamos coa túa presenza no acto inaugural da nosa nova sede situada na Casa da Bola 1º andar ás 18:00h.

-Continuamos co “Taller de complementos de moda realizados con cristales de Swarovski” todos os xoves de 18:30 a 20:30h, podes anotarte cando queiras.

-“Curso de Informática para principiantes” comeza o martes 28 de febreiro de 10:00 a 12:30h e remata o martes 17 de abril (todos os martes). O curso será impartido pola nosa Traballadora Social Lucía Sotelo e ten carácter gratuito para soci@s de ADICAM.

-A partir do mércores 29 de febreiro de 19:00 a 20:00h “Curso de Pandereta”. Levarase a cabo todos os mércores (en principio ata o mes de abril) e terá un coste de 10 euros ao mes.

-“Taller de Autoestima”. Comezará o venres día 24 de febreiro e rematará o venres 11 de maio (todos os venres) de 19:00 a 20:00h. O curso será impartido por Lina Fernández, psicóloga de ADICAM e ten un carácter gratuito para soci@s.

-“Taller de Relaxación”. Comezará o martes 28 de febreiro e rematará o martes 24 de abril (todos os martes) de 18:00 a 19:00h. O curso será impartido por Dolores González, psicóloga de ADICAM e ten un carácter gratuito para soci@s.

-“Taller de Automaquillaxe”. O Día 27 de febreiro de 17:00 a 19:00h. O taller será impartido por Mónica Pintos Méndez “Consultora de beleza de Mary Kay”.

-“Taller de Caretas e maquillaxe de entroido”. O día 20 de febrero a partir das 17:00h. Este taller está dirixido a nenos e nenas e será impartido en colaboración con “El Pozo de los tres deseos” por e será gratuito para todos os nenos e nenas que asistan.

-O mércores 22 de febrero e coincidindo co enterro do Momo en Cangas “Festa de disfraces” a partir das 17:30h con premio ó mellor disfraz e degustación de postres típicos do Entroido.

-Día 19 de marzo “Charla sobre nutrición e confección de dietas” impartida por Ángela Gallego Lic. en Bioloxía e asesora en dietética e nutrición. Gratuito e con entrada libre.

-Estamos formando un grupo para a actividade de “AQUA GYM” dentro do noso “Programa de Prevención do Linfedema”. Ainda non sabemos día e hora, pero se tes interese debes facérnolo saber antes do día 7 de febreiro.

Por último lembra que seguimos cos nosos programas habituais abertos durante todo o ano como son, apoio psicolóxico a personas afectadas por cancro de mama e ás súas familias de forma gratuita e información e asesoramento a toda a poboación sobre aspectos relacionados con esta patoloxía.

Sen mais, recibe aunha forte aperta.

A XUNTA DIRECTIVA DE ADICAM.

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com