Boletín de Noticias

RSS

Actividades

Subvención Para a contratación dunha Auxiliar Administrativo

  • Adicam recibiu por parte da Secretaria Xeral de emprego a aprobación dunha subvención para a contratación dunha auxiliar administrativo. Esta convocatoria se enmarca dentro do Programa  operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado  polo Fondo Social Europeo e a iniciativa de emprego xuvenil.  Se trata dunha subvención para a contratación dunha persoa inscrita no Sistema de Nacional e Garantía Xuvenil, dirixido a mellorar a empregabilidade e a súa inserción profesional.  A duración do contrato é de 7 meses.

Gracias a esta subvención se realizará un servizo de integración sociolaboral cás persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico.  Dende ADICAM seguimos traballando por mellorar a calidade de vida e a situación d@s nosas pacientes e as súas familias.

O obxectivo xeral de este servizo e mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas;  os resultados esperados son: mellorar as ferramentas para mellorar as capacidades das usuarias da nosa entidade e mellorar a axuda mutua entre elas. O resultado espera é  unha mellora na integración tanto a nivel social como laboral das persoas diagnosticadas por unha destas patoloxías.

Por parte da persoa contratada os obxectivo á alcanzar con esta contratación é:

-          Aumentar a experiencia laboral.

-          Mellorar as habilidades laborais

-          Favorecer a capacidade do traballo en equipo

-          Dar a posibilidade de por en prácticas os coñecementos adquiridos na súa formación

-          Mellorar o seu curriculum vitae

 

 

 
 
                             VER OUTRAS SUBVENCIONS

 

Si entras en AMAZON a través de esta página estarás colaborando con ADICAM
Pulsa sobre la imagen de abajo, gracias.

si deseas adquirir la pulsera PROHIBIDO RENDIRSE pulsa sobre la imagen

   

 

  • Engadir enlace a:
  • digg.com
  • delicious.com
  • facebook.com
  • CAMPAÑA-ADICAM-CONTRA-EL-TABAQUISMO-1.jpg

    Campaña contra o tabaquismo

    26-04-2014 13:52

    CAMPAÑA CONTRA O TABAQUISMO NA IDADE
    ESCOLAR NA BISBARRA DO MORRAZO

    ENSAIO CLÍNICO

  • cartel-DEF-A4-AZUL.jpg

    Exposición "Femenina Naturaleza"

    23-04-2014 11:16

    Dende ADICAM, queremos convidarte á inauguración da exposición de pintura de Mª Emilia Barreiro Augusto, “Femenina Naturaleza”, que terá lugar na sede da nosa  asociación o vindeiro venres 25 de Abril ás 19:30. Esta exposición estará aberta ó público dende o 25 de Abril ó 10 de Maio de 2014 en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 h e os martes  tamén pola tarde de 17:00 a 19:00h

  • memoria--2013-1.jpg

    Memoria de actividades 2013

    02-04-2014 17:10

    Memoria de actividades realizadas por ADICAM en 2013

  • THETETAS VAN.jpg

    Thetetas Van

    26-03-2014 17:40

    Continuan os xoves efervescentes en SALASON CANGAS!

    Desta vez teremos unha festa solidaria coa Adicam (Asociación de Diagnosticad@as de Cancro de Mama)<https://www.facebook.com/pages/Adicam-Asociaci%C3%B3n-de-Diagnosticadas-de-Cancro-de-Mama/143351239016715>con

    música ao vivo da man da banda ourensana "THETETAS VAN", unha banda chegada de Ourense e formada na súa maioría por mulleres que galeguizan e mesmo femenizan temas universais do Rock&Roll.

     

    Deste xeito aglutinamos tres conceptos efervescentes: por un lado a colaboración con ADICAM, asociación de grande efervescencia na vila; por outro lado poñemos a lupa no emprego do galego, dado que a banda caracterízase por un emprego da língua do máis orixinal, galeguizando temas universais dos anos 50, 60 e 70, e por outro lado seguimos a festexar o mes da muller traballadora traendo a unha banda na que quen manda son ELAS.

    A festa ten previsto dar comezo o xoves día 27 de marzo dende as 22:00, se ben o concerto dará comezo ás 23:00 h

    A entrada é de 6 EURO colaborando nela con 1,50 EURO para o sostemento da Asociación ADICAM.

  • Alergia y primavera-pequena.jpg

    Charla Alerxia e Primavera

    26-03-2014 07:10

    CHARLA- DEBATE ALERXIA e PRIMAVERA

    Martes 1 de abril de 2014

    ADICAM, 6 da tarde

  • Maletas.jpg

    Colaboración de Adicam coa Biblioteca de Aldán no seu programa de préstamo colectivo

    12-03-2014 23:16

    ADICAM COLABORA COA REDE MUNICIPAL DE BIBLIOTECAS DE CANGAS NO SEU PROGRAMA DE

    PRÉSTAMO COLECTIVO

    Dentro do programa de dinamización das bibliotecas municipais e fomento da lectura en xeral, estamos colaborando nunha iniciativa  de préstamo bibliotecario.

    Dende as bibliotecas municipais tentan achegar a lectura aos usuarios de distintos colectivos e asociacións (entre elas ADICAM) para facilitar o acceso á lectura aos seus asociados.

    Para solicitar algún libro, pasade pola sede da asociación na Casa da Bola en horario de atención ó público.

  • Venta anticipada de entradas Gala Benéfica 2014

    12-03-2014 23:15

    Xa están as entradas en venda anticipada en Adicam, DiSom e Agarimo en Cangas.
    En Bueu podedes adquirilas en Librería Miranda Bueu.
    En Moaña Paraortopedia Vida.