Subvención de la Concellería de Igualdade para programas de promoción das mulleres

O Concello de Vigo, a través da concellería de Igualdade, grazas á subvención destinada a entidades sen ánimo de lucro para programas de promoción das mulleres, concédeunos unha subvención que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico en Vigo.

Esta subvención permitiranos poñer en marcha un programa de actividades centrado no coidado integral das persoas:

  • Exercicio físico adaptado, que favorece a recuperación, a mobilidade e o benestar corporal.
  • Promoción da saúde mental, con ferramentas e recursos para afrontar o proceso oncolóxico desde o equilibrio emocional.
  • Sesións individuais de nutrición, onde se ofrecerán pautas personalizadas para mellorar a calidade de vida durante os tratamentos e na recuperación.

Comparte:

Facebook
Twitter

Novas relacionadas