Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia través da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con cargo ao 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades (ano 2025).

En ADICAM seguimos avanzando para acompañar, apoiar e fortalecer a quen máis o necesita. O Programa “Conta con Nós 3.0”, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, nace para ofrecer un servizo integral, próximo e especializado ás persoas con diagnóstico oncolóxico que, ademais, conviven cunha situación de discapacidade.

ADICAM pon en marcha un programa dirixido a persoas con diagnóstico oncolóxico que tamén presentan unha situación de discapacidade, ofrecendo apoio especializado para mellorar o seu benestar e favorecer a súa autonomía. O servizo inclúe asesoramento psicosocial, acompañamento profesional e talleres de promoción da saúde en distintos ámbitos, centrados no coidado emocional, físico e social. O obxectivo é crear un espazo accesible, próximo e seguro no que cada persoa poida atopar apoio, recursos e ferramentas para afrontar o seu proceso vital cunha maior calidade de vida.